18 de mayo de 2022
Juan Lois Diéguez, como director convidado, levará a batuta dun espectáculo que se achegará a figuras como Pascual Veiga, José Castro ‘Chané’ e Ricardo Courtier
Este xoves 19, a Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) achegarase á historia da música da cidade a través dun concerto especial que terá lugar no Teatro Colón ás 20.00 horas, dando continuidade ao programa de actos culturais impulsado polo Concello co gallo do Día das Letras Galegas.
O pontevedrés Juan Lois Diéguez (Agolada, 1980), formado nos conservatorios de Lalín, Santiago de Compostela e Vigo, será o director convidado que levará a batuta en 'Paseo con aires ártabros', un espectáculo de recuperación histórica artellado a modo de viaxe pola Coruña dos séculos XIX e XX.
Este percorrido da man da Banda Municipal de Música da Coruña achégase a figuras senlleiras na historia musical da cidade. De Pascual Veiga a José Castro 'Chané', pasando por Ricardo Courtier, o concerto previsto para mañá abrangue sete pezas que revivirán os ambientes sonoros da Coruña nun período de efervescencia artística no que os orfeóns, o teatro, as bandas de música e os certames concentraban o talento, creatividade e ideas de compositores coruñeses que, como Courtier, apostaban por unha evolución da música galega sen perder de vista a tradición.
O concerto 'Paseo con aires ártabros', que comezará este xoves ás 20.00 horas, será de acceso libre ata completar capacidade. Ademais, emitirase tamén en directo, a través de YouTube, unha modalidade posta en marcha este mes que fai simultáneo o formato presencial e dixital ampliando o seu público, que poderá acceder ao concerto desde outros lugares para deleitarse coa música da Banda Municipal da cidade.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible