12 de diciembre de 2025
Xa están á venda as entradas para a actuación. O artista catalán regresará un ano despois da súa última cita coa cidade herculina, á que asistiron máis de 7.000 persoas
O artista catalán Antonio Orozco regresará o ano que vén á cidade da Coruña. Será o 3 de outubro, e novamente no Coliseum, onde xa actuou hai dous meses nunha actuación á que asistiron máis de 7.000 persoas, na recta final de «La gira de mi vida».
Agora, tras o éxito colleitado este ano, Orozco volverá no 2026 á Coruña con «La gira de tu vida», coa que o músico barcelonés dá continuidade á súa traxectoria en directo, que o levará a diversos puntos da xeografía nacional e tamén a cidades europeas como Londres, Berlín, París e Dublín.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, subliñou que a confirmación deste concerto reforza a aposta do Goberno de Inés Rey por unha "programación cultural ampla, diversa e de calidade, que consolida a posición da cidade como atractora de grandes eventos no noroeste do país".
Neste sentido, as entradas para o concerto de Antonio Orozco previsto o 3 de outubro do 2026 xa están á venda a través da páxina web de Emotional Events. A hora de inicio da actuación no Coliseum da Coruña está prevista para as 21.30 horas, con apertura de portas ás 19.30 horas.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible