24 de septiembre de 2025
A prevenda de entradas comezará o mércores 1 de outubro ás 16.00 horas
Eladio Carrión actuará na Coruña na súa nova xira por España. O Coliseum será a única parada galega de DON KBRN, o seu novo tour. A actuación terá lugar o 29 de xaneiro e suporá o inicio da programación musical do 2026 no recinto municipal, que xa conta con artistas confirmados de gran nivel, como Dani Martín, Mikel Izal, Pablo Alborán, Hijos de la Ruina e Celtas Cortos.
"Desde o Goberno de Inés Rey apostamos por unha programación musical de gran nivel para a nosa cidade, que non deixe de lado ningún estilo nin público, e que se apoia nun dos mellores recintos nacionais para escoitar música en directo como é o Coliseum", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. Eladio Carrión é un dos grandes referentes globais da música urbana, o trap e o reguetón.
Esta será a súa segunda visita á cidade e ao Coliseum logo do seu concerto en xuño de 2024, ao que asistiron case 8.000 espectadores. A prevenda das entradas para este concerto arrincará o vindeiro mércores 1 de outubro ás 16.00 horas a través da páxina sfx-events.com
Criado en Porto Rico, comezou a súa carreira creando contido humorístico en redes sociais, pero axiña destacou pola súa habilidade lírica e o seu estilo versátil. O seu álbum de estrea Sauce Boyz (2020) consolidouno como unha das voces máis frescas da nova xeración urbana, seguido por proxectos como Monarca (2021), Sauce Boyz II (2021) e 3MEN2 KBRN (2023), nos que colaborou con artistas de renome internacional. Co seu enfoque creativo e a súa capacidade para fusionar xéneros, Carrión converteuse nun referente da música urbana contemporánea en lingua española.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible