Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

12 de diciembre de 2019

“Espazos Republicanos”, arquitectura ao servizo das ideas

O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, inaugurou esta tarde unha mostra fotográfica organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña na que se fai un percorrido polos proxectos arquitectónicos deseñados durante a Segunda República

O edil de Cultura, Jesús Celemín, inaugurou esta tarde na Casa da Cultura Salvador de Madariaga xunto a Fernando Souto Suárez, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, a mostra "Espazos Republicanos". Unha exposición impulsada polo arquitecto e socio da Comisión Xosé Lois Martínez Suárez, coa colaboración do Concello, que viu a necesidade de reflectir como eran os espazos urbanos ideados durante a Segunda República na nosa cidade. De este xeito, a cidadanía poderá recoñecer algúns dos espazos que forman parte da memoria colectiva da arquitectura coruñesa.

A mostra fai un percorrido polos proxectos presentados ao Goberno local da cidade durante a Segunda República. Proxectos para facer unha cidade diferente. A exposición mostra os proxectos das vivendas sociais no Campo de Marte, o mercado de San Agustín, pensado como un ágora, e o deseño da fachada marítima desde o Banco Pastor. Proxectos que nunca viron a luz debido ao alzamento militar. A exposición inclúe maquetas e paneis explicativos, así como vídeos.

O edil de Cultura destacou a importancia de achegar á sociedade a arquitectura que quiso traer a República á cidade. Unha arquitectura ao servizo das ideas. "Porque os edificios reflexan a sociedade, a economía e os cambios políticos de cada época e a proclamación da República supuxo non só un cambio da situación política senón tamén un intento de renovar a estética das rúas da nosa cidade", explicou.

Souto Suárez sinalou que os arquitectos proxectaban espazos de formación, de educación, de lecer, de cultura, "trasladaban coa súa obra a necesidade de xerar espazos públicos de calidade, inspiradores de valores democráticos e fieis ao reflexo das expresións dunha sociedade moderna".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión