9 de diciembre de 2025
A nova programación conta con equilibrio de xénero na dirección das obras e o regreso de Chévere cunha adaptación de Castelao
O Teatro Rosalía de Castro acolleu esta mañá a presentación do Ciclo Principal de Primavera 2026, que contará cun total de XX obras representadas entre os meses de xaneiro e xuño. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou este ciclo acompañado polo director do Teatro Rosalía de Castro, Paulo Rodríguez. O Ciclo Principal de Primavera está organizado polo Concello da Coruña e conta co apoio da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
"O Concello sabe do potencial do Teatro Rosalía de Castro, un recinto referente a nivel nacional que seguirá acollendo as mellores representacións teatrais galegas e estatais, afianzando A Coruña como o gran referente cultural que é", sinalou Gonzalo Castro. O edil tamén celebrou que o teatro público municipal continúe a acadar cifras récord de persoas abonadas ao Ciclo Principal, "proba do grande interese que hai entre a cidadanía polo teatro", segundo indicou. "Inés Rey fixou entre os obxectivos do mandato contribuír á difusión da cultura na nosa cidade, e estamos a demostrar con cifras que avanzamos nese camiño", indicou Castro.
Nesta nova edición do Ciclo Principal de Primavera destaca a o equilibrio de xénero na dirección das 14 obras que se representarán, con autores/as como Beatriz Jaén, Eduardo Vasco, Quico Cadaval, Ainoha Amestoy, Declan Donnellan, María Goiricelaya, Mireia Gabilondo entre outras. Haberá unha estrea absoluta: 'Artur Ui, o ovo da serpe' de Talía Teatro, catro funcións accesibles (a primeira de 'Los Cuernos de D. Friolera', as dúas de 'Ictus' e a primeira de 'Los dos hidalgos de Verona') e unha obra inclusiva: 'Sabes que las flores de plástico nunca han vivido ¿verdad?', de Tanttaka Teatro.
O período de renovación dos abonos abrirase este martes 10 e prolongarase ata o 30 de decembro, no despacho de billetes da praza de Ourense no seu horario habitual. Cada persoa abonada terá reservada a localidade que ocupou na anterior edición e manterá o seu tipo de abono: para venres ou sábado.
O prezo do abono vai de 67,88 a 152,25 euros, en función do tipo de localidade, e inclúe o acceso ás once representacións dobres (con opción de venres ou sábado) e a compra preferente cun desconto do 25% para as funcións soltas 'TROMSØ', 'Riazor Ostia' e 'Filtro'). Os/as abonados/as interesados/as en cambiar de asento, de localidade ou de día deberán renovar nos días e horarios establecidos, e poderán optar só ás localidades non ocupadas por outras persoas abonadas. Para acceder ás localidades que queden libres por non seren renovadas, as persoas interesadas deberán acudir a billeteira da praza de Ourense o día 2 de xaneiro.
Os días 5, 6 e 7 de xaneiro abrirase o período de venda para novos abonados en Ataquilla e na praza de Ourense e o 9 de xaneiro ás 11.00 horas comezará a venda de entradas soltas para todos os espectáculos. Todas as funcións do ciclo serán ás 20.30 horas.
Programación do Ciclo Principal de Outono 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible