12 de diciembre de 2019
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude a partir de mañá 13 de decembro de 2019 ás 14:00 h e se poderá prolongar en días sucesivos, en caso necesario, ata que se esgoten as prazas
O Concello, a través do IMCE, abre mañá o prazo de inscrición para participar como figurante na Cabalgata de Reis 2020 que se celebra coma sempre o 5 de xaneiro. O período de inscrición comezará o venres 13 de decembro de 2019 ás 14.00 ata o martes 17 de decembro de 2019 ás 14:00 h e se poderá prolongar en días sucesivos, en caso necesario, ata que se esgoten as prazas.
Poderanse inscribir todos os nenos e nenas que na data do 1 de xaneiro de 2020 teñan unha idade comprendida entre os 7 e os 11 anos (nados en 2008, 2009, 2010, 2011, 2012). A totalidade de prazas ofertadas nesta modalidade é de 251 entre participantes en carrozas e participantes en trenes.
As solicitudes formalizaranse únicamente de forma electrónica a través do formulario de inscrición que se poderá atopar na web municipal www.coruna.es/cultura
A inscrición realizarase por orde correlativa de recepción das solicitudes debidamente cubertas, asignando consecutivamente a cada unha delas o número de solicitude correspondente. Soamente se validará unha única inscrición por nena ou neno. Ademais, para determinar a ubicación dos participantes na cabalgata procederase a realizar un sorteo que do mesmo xeito serviría para adxudicar as prazas no caso de que as solicitudes excedan a oferta de prazas dispoñibles. O sorteo realizarase o 20 de decembro ás 10:00 h na sala de exposicións do Palacio Municipal, adxudicando as prazas correlativamente a partir do número agraciado no sorteo según a seguinte distribución en función das categorías:
- Do 01 ao 90: Carrozas Reis Magos.
- Do 91 ao 132: Carrozas Municipais.
- Do 133 ao 251: Trens Municipais.
Unha vez realizada a adxudicación comunicaráselles aos interesados (vía correo electrónico ou vía telefónica) a súa ubicación na Cabalgata, así como a información necesaria para a participación na mesma: lugar e horario de presentación o día 5 de xaneiro e horario e forma de recollida dos menores na Praza de María Pita, unha vez rematada a Cabalgata e o Saúdo Real. Esta folla de información colgarase tamén na paxina web www.coruna.es como anexo ás bases.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible