27 de noviembre de 2021
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, destacou a participación dos cidadáns, que por primeira vez puideron votar en urna, para propoñer e escoller investimentos por valor de 2,5 millóns de euros
O Concello da Coruña executará coa aprobación do orzamento do vindeiro ano un total de 22 investimentos propostos e elixidos directamente polos cidadáns. Esta semana pechouse a fase final do programa de Orzamentos Participativos, unha fase á que chegaron 55 propostas que pasaron as fases previas. Un total de 4.552 cidadáns votaron nos distintos procesos ata chegar ao resultado final. Este ano, como novidade, abriuse a posibilidade de votar en urna (ata agora o proceso era unicamente telemático), posibilidade a que se acolleron o 12% dos votantes.
Coa aprobación dos orzamentos do 2022 o Concello destinará 2,5 millóns de euros de investimentos a materializar as propostas achegadas nos Orzamentos Participativos, que apostaron este ano maioritariamente pola ampliación de zonas verdes, melloras en parques infantís e en superficies deportivas e ampliación das plataformas de mobilidade alternativa ao coche.
"Propuxémonos facer a participación máis accesible á cidadanía para que a fenda dixital non impedise ás veciñas e veciños dar a súa opinión, e a votación en urna foi un éxito", indicou a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira. "Grazas á gran cantidade de propostas recibidas, o maior número desde que existe o programa, os 22 proxectos gañadores enriquecerán o modelo de cidade que defende Inés Rey", aseverou. Nesta ocasión, o número de propostas presentadas inicialmente polos cidadáns foi de 733, un 21% máis que na anterior edición dos Orzamentos Participativos.
Os cidadáns puideron escoller proxectos a aplicar no ámbito de toda a cidade por valor de un millón de euros. Ademais, escolléronse tamén proxectos por valor de 150.000 euros para cada un dos 10 distritos da cidade, con dous proxectos a maiores para aproveitar os remanentes orzamentarios.
PROPOSTAS GAÑADORAS
No ámbito da cidade:
Proposta | Nº votos | Importe |
Plantación de máis árbores, prantas e flores en toda a cidade | 205 | 250.000 € |
Creación de parques infantís cubertos | 199 | 250.000 € |
Aseos autolimpables no paseo marítimo | 198 | 150.000 € |
Parques infantís adaptados para nenas e nenos con mobilidade reducida en cinco lugares | 159 | 250.000 € |
TOTAL | 900.000 € |
Distrito 1:
Proposta | Nº votos | Importe |
Conectar os carrís bici do Paseo Marítimo e o Cantón Pequeno | 173 | 150.000 € |
TOTAL | 150.000 € |
Distrito 2:
Proposta | Nº votos | Importe |
Prantación de árbores na rúa da Torre | 86 | 35.000 € |
Humanización da avenida de Hércules | 64 | 60.000 € |
TOTAL | 95.000 € |
Distrito 3:
Proposta | Nº votos | Importe |
CEIP Labaca: cobertura parcial do patio | 122 | 75.000 € |
CEIP Labaca: acondicionamento de aseos | 101 | 60.000 € |
TOTAL | 135.000 € |
Distrito 4:
Proposta | Nº votos | Importe |
Reforma e ampliación do parque infantil da Sardiñeira (Centro Cívico de Os Mallos) | 85 | 100.000 € |
Carril bici en avenida de Arteixo con Ronda de Nelle | 78 | 150.000 € |
TOTAL | 250.000 € |
Distrito 5:
Proposta | Nº votos | Importe |
Instalacións deportivas públicas nos Rosales | 83 | 75.000 € |
Zonas verdes no aparcamento do estadio de Riazor | 65 | 50.000 € |
TOTAL | 125.000 € |
Distrito 6:
Proposta | Nº votos | Importe |
Zonas verdes no Agra Do Orzán | 80 | 150.000 € |
TOTAL | 150.000 € |
Distrito 7:
Proposta | Nº votos | Importe |
Mellora da accesibilidade no CEIP María Pita | 132 | 150.000 € |
TOTAL | 150.000 € |
Distrito 8:
Proposta | Nº votos | Importe |
Reforma exterior da escola infantil municipal Os Cativos | 61 | 90.000 € |
TOTAL | 90.000 € |
Distrito 9:
Proposta | Nº votos | Importe |
Zona polideportiva descuberta na urbanización Breogán | 136 | 75.000 € |
Paso ciclista no carril bici Mesoiro-Universidade | 37 | 48.400 € |
Carril bici en Novo Mesoiro | 91 | 150.000 € |
TOTAL | 273.400 € |
Distrito 10:
Proposta | Nº votos | Importe |
Paso para mellorar a seguridade dos peóns na avenida de Arteixo | 94 | 85.000 € |
Construción de pista de bicicletas Pumptrack | 70 | 53.600 € |
Iluminación das pistas deportivas en Alcalde Salorio Suárez | 60 | 7.900 € |
TOTAL | 146.500 € |
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible