Cinco vidas, unha historia
Para público en xeral
Dende o 12/06/2020 ata o 08/11/2020
Xa rematou
Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña
Cinco vidas, unha historia ofrece unha aproximación á metalurxia e aos depósitos metálicos da Idade de Bronce Final na fachada atlántica europea partindo dun conxunto de artefactos da colección arqueolóxica da Universidade de Compostela.
A exposición mostra que estes artefactos de bronce non só nos abren unha xanela á Prehistoria senón que tamén posúen unha historia recente que resulta igual ou máis interesante.
Tras a súa elaboración e o seu uso fai uns 3.000 anos estes obxectos foron enterrados formando acumulacións de metal, un fenómeno cuxo significado aínda supón unha incógnita.
Estes obxectos recuperados a finais do século XIX foron a parar a mans de coleccionistas eruditos que finalmente lle doaron as súas coleccións á universidade onde seguen sendo estudadas. Tanto é así que as investigacións lideradas desde o Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC permitiron reconstruír esta apaixonante e longa historia.
Anímaste a descubrila?
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible