Distopías cotiás, encontros mensuais nos que reflexionar sobre os impactos das tecnoloxías nas nosas vidas.
Persoas adultas
27/10/2020
Xa rematou
Actividade en liña, máis detalles da inscrición no seu evento de Meetup.
De 19.00 a 20.30 horas.
Meetup: meetup.com/Distopias-Cotias
Correo electrónico: ola@distopiascotias.gal
Distopías cotiás é espazo de reflexión -que nace da man de Coruña Dixital- sobre tecnoloxías e prácticas na contorna dixital que, ata hai ben pouco, ocupaban a esfera da ciencia ficción e que a día de hoxe xa forman parte, en maior ou menor grao, da nosa realidade cotiá.
Nesta ocasión debaterase sobre as posibles acción, individuais e colectivas, que nos permitan camiñar cara unha cidadanía dixital máis consciente, crítica e activa. Para iso Distopías Cotiás contará co profesor de Comunicación Política e Opinión Pública Víctor Sampedro, que falará arredor das iniciativas de alfabetización tecnolóxica que desenvolve trala publicación do libro "Dietética digital para adelgazar al Gran Hermano" (2018).
Esta sesión poderá seguirse tamén en directo a través de YouTube.
O formato consistirá nunha charla introdutoria (aproximadamente 30 minutos) para pasar despois ao espazo de conversa e debate.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible