Talleres / charlas
Público infantil, xuvenil e/ou adulto
En que consiste BiblioTECH?
BiblioTECH é un programa formado por unha serie de accións informativas, formativas e eminentemente prácticas que se desenvolven na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga e que se centran no uso creativo, crítico e seguro das TIC para acadar obxectivos relacionados co traballo e a empregabilidade, a aprendizaxe continua, o uso do tempo libre e/ou a inclusión e participación cidadá.
O seu formato adoita ser o de talleres ou xornadas divulgativas e vai acompañado dunha colección bibliográfica axeitada e a participación de axentes e especialistas locais, que che axudarán a achegarte ás disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas), a robótica ou a programación mediante o uso de tecnoloxía libre e en código aberto.
Como participar
Onde e cando
As accións teñen lugar na Biblioteca Infantil e Xuvenil ao longo de todo o ano.
Nos meses de febreiro (Día da muller e as nenas nas ciencias) e abril (Día internacional das nenas nas Tics) prográmanse accións centradas nas mulleres e a súa necesaria visibilización nestas áreas.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible