Ledicia Costas, Aida Tarrío, María Vázquez programarán unha película que marcou o seu percorrido vital ou creativoBea Lema presentará o seu curto Ou corpo de Cristo, baseado no cómic homónimo
Para público en xeral
Dende o 07/03/2026 ata o 22/03/2026
Prezo: 5,00 €
Desconto do 20% para carné novo, maiores de 65 anos, persoas desempregadas.
Desconto do 25% para familia numerosa
** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
teatrocolon@coruna.gal
O Teatro Colón acollerá ao longo do mes de marzo o ciclo Mulleres de Cine, unha programación especial impulsada con motivo do Día Internacional da Muller que pon no centro a creadoras e referentes da cultura galega.
Cada sesión estará comisariada por unha profesional destacada, que escolleu unha obra cinematográfica significativa para compartir co público e reivindicar, a través do cinema, novas miradas sobre o papel das mulleres na sociedade e na cultura. Proponse así unha experiencia cinematográfica construída a partir de cinco voces femininas. Catro mulleres elixen unha película que marcou o seu percorrido vital e creativo, abrindo un diálogo entre imaxes, memoria e pensamento. Cada sesión articúlase a través da proxección e o coloquio, tecendo un relato común ao redor do feminismo, entendido como mirada, experiencia e transformación colectiva. Unha reivindicación do cinema como espazo de encontro, reflexión e voz.
Ademais, na primeira sesión do ciclo, o próximo 7 de marzo, Bea Lema estrea o seu curto O corpo de Cristo (inédita en Galicia), baseada no cómic homónimo que lle valeu o Premio Nacional del Cómic en 2024. Nesta presentación estará acompañada por Candea Sierra, tamén Premio Nacional del Cómic en 2025 e autora de , Lo sabes aunque aún no te lo he dichonunha sesión titulada Habitar o incómodo.
O ciclo desenvolverase entre o 7 e o 22 de marzo coa seguinte programación
7 de marzo - 20.00 h: Bea Lema e Candela Sierra
8 de marzo - 17.00 h: María Vázquez
12 marzo - 20.00 h: Aida Tarrío
22 marzo - 19.00 h: Ledicia Costas
Cada sesión incluirá unha breve presentación a cargo das programadoras convidadas, que compartirán a súa visión sobre a obra seleccionada e o seu vínculo co 8M, fomentando un encontro co público ao redor da creación, da identidade e das narrativas no cinema. O ciclo Mulleres de Cine refórzase así como unha proposta cultural comprometida coa igualdade, coa visibilización das voces femininas e coa promoción dunha programación diversa e accesible á cidadanía.
VENDA DE ENTRADAS:
- Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h
- Despacho de billetes Teatro Colón: día de proxección desde 2 horas antes, a condición de que queden entradas dispoñibles.
- Venda en liña: ataquilla.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible