Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sen Numerar primavera 2022

O ciclo de teatro do Fórum Metropolitano "Sen Numerar" retoma a súa programación esta primavera de 2022 con sete espectáculos sempre ás 20.30 h.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/02/2022 ata o 10/06/2022

Xa rematou

Horario:

Todos os espectáculos comezarán ás 20:30 h

Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 €; descontos (carné xove, maiores de 65 e persoas desempregadas): 7,00 €

* Para acceder aos descontos é imprescindible presentar o documento que acredite ser beneficiario del.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.

- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

  • EL LIBRO DEL BUEN AMOR/ Teatro Guirigai

Venres 4 de febreiro de 2022, ás 20.30 h

Teatro clásico

Duración: 60 minutos

Idioma: castelán

Recomendada para público xuvenil, a partir de 16 anos.

  • AS FILLAS BRAVAS E O MITO DE CASANDRA / Chévere

Venres 11 de marzo de 2022, ás 20.30 h

Comedia

Duración: 75 minutos

Idioma: galego

Recomendada para público xuvenil, a partir de 14 anos.

  • A FAMILIA REAL / Olivas Negras e Aporía

Venres 18 de marzo de 2022, ás 20.30 h. ESTREA

Teatro contemporáneo

Duración: 80 minutos

Idioma: galego

  • LÁZARO / Leamok

Venres 8 de abril de 2022, ás 20.30 h

Teatro contemporáneo, adaptación dun clásico con hip hop

Duración: 60 minutos

Idioma: castelán

Recomendada para público xuvenil a partir de 16 anos.

PREMIO SGAE NA IX EDICIÓN DO FESTIVAL RUSSAFA ESCÈNICA

MENCIÓN Á MELLOR DIRECCIÓN NO ACT FESTIVAL 2020

  • AS ALUMNAS / Culturactiva

Venres 22 de abril de 2022, ás 20.30 h

Teatro de actrices sobre memoria histórica local

Duración: 70 minutos

Idioma: galego

Recomendada para público xuvenil, a partir de 16 anos.

  • A PARÁBOLA DO ANGAZO / Talía Teatro

Venres 13 de maio de 2022, ás 20.30 h

Comedia

Duración: 70 minutos

Idioma: galego

  • DO PRACER E DA MORTE / A Feroz

Venres 10 de xuño de 2022, ás 20.30 h

Teatro contemporáneo

Duración: 80-90 minutos

Idioma: galego

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión