Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de diciembre de 2025

A Coruña acolle o 27 e 28 de decembro a novena edición de Galicia Magic Fest

O Teatro Colón contará con dous pases diarios desta gala na que participan algúns dos mellores ilusionistas do mundo

A novena edición do Festival Internacional de Ilusionismo de Galicia, coñecido como Galicia Magic Fest, celebrarase os días 27 e 28 de decembro no Teatro Colón da Coruña. As derradeiras entradas para este evento están á venda a través do despacho de billetes da praza de Ourense e de Ataquilla. O día da función, en caso de haber localidades libres, poderanse adquirir no propio teatro.

"Desde o Concello seguimos a apostar por eventos de grande éxito nos nosos recintos culturais, como é o caso desta gala de ilusionismo que enche o Teatro Colón cada Nadal", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo, quen recordou que a alcaldesa, Inés Rey, apostou pola diversificación de contidos para os recintos, acollendo citas como o Galicia Mgic Fest que xa son clásicos do calendario anual. O evento contará con algúns dos mellores ilusionistas do mundo nunha gala internacional única con magos de diferentes países que contan cos premios máis prestixiosos do sector.

O ilusionista galego Pedro Volta é o director e ideólogo desta gala e formará parte do elenco desta edición xunto a Juliana Chen, Stuart Macdonad, Mirko Callaci e Magus Utopia. Volta foi finalista do programa televisivo Got Talent España e exerce desde os seus inicios como mestre de cerimonias deste espectáculo.

Juliana Chen (Canadá/China) é a primeira muller na historia en gañar o Gran Premio FISM, o denominado Oscar da maxia. A súa manipulación é un ballet de ilusións, cunha precisión e beleza que che deixarán sen alento. Pola súa banda, Stuart Macdonald (EEUU) é recoñecido pola súa mestura de humor e maxia e foi recoñecido co prestixioso premio Penn & Teller Fool Us e dous FISM.

O arxentino Mirko Callaci é coñecido como o Mestre da Maxia Universal polo seu dominio do ilusionismo. Tamén é gañador do FISM e dos cobizados premios Mandrake d'Or de París e o León de Ouro de Siegfried & Roy. A súa presenza escénica e a súa capacidade para transformar a realidade caracterízano sobre as táboas. Por último, tamén participarán nesta edición Magus Utopia (Países Baixos), unha compañía que redefiniu o ilusionismo, converténdose nunha sensación global co seu paso por Britain's Got Talent. Cunha impoñente troupe de 12 artistas no escenario, o seu show é unha explosión de fantasía, teatro, efectos visuais monumentais e pura maxia.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión