Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de novembro de 2012

Convocatoria do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións

Convoca a Consellería de Traballo e Benestar.

A Consellería de Traballo e Benestar convoca o procedemento para a acreditación das unidades de competencia en determinadas cualificacións profesionais nas familias profesionais de Servizos Socioculturais e á Comunidade; Marítimo-pesqueira; Seguridade e Medio Ambiente e Actividades Físicas e Deportivas.

  • 900 prazas nas unidades de competencia das cualificións profesionais de Confección e mantemento de artes e aparellos, Servizos para o control de pragas, Socorrismo en espazos acuáticos naturais, Socorrismo en instalacións acuáticas e Información xuvenil.
  • Para as cualificacións profesionais de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio e Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, convócase a todas aquelas persoas que quedaron nas listas de espera na anterior convocatoria; 989 persoas na cualificación profesional de Atención sociosanitaria a persoas en domicilio e 502 persoas na cualificación profesional de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Prazo de inscrición:

  • Para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de confección e mantemento de artes e aparellos e Servizos para o control de pragas, o prazo está aberto ata o 17 de decembro de 2012.
  • Para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de Socorrismo en espazos acuáticos naturais, Socorrismo en instalacións acuáticas e de Información xuvenil, o prazo de presentación de solicitudes é dende o 1 ata o 31 marzo do 2013.

Máis información:

A Consellería de Traballo e Benestar garante un servizo aberto e permanente que  facilite información e orientación a todas as persoas que o soliciten

  • nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia
  • nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
  • nos centros propios de Formación Profesional ocupacional da Consellería de Traballo e Benestar
  • na Fundación Galega da Formación para o Traballo
  • no Instituto Galego das Cualificacións.

Departamento Territorial da Consellería de Traballo e Benestar

R/ Salvador de Madariaga, s/n, 1º piso (Mercado de Elviña)

15008 A Coruña

http://traballoebenestar.xunta.es

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión