Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
O Concello da Coruña, dentro do seu Programa de Formación para o Emprego, impartiu a segunda edición do curso "Monitorado de hortos urbanos/Gardeniser", que terminou en marzo do 2020.
Este curso, de 1.000 horas de duración formou profesionais no ámbito da agricultura ecolóxica relacionada coas hortas urbanas para a cidadanía e a utilización do horto con fins educativos, de integración social e terapeúticos.
A figura do Gardeniser cumpre un papel clave de coordinación dentro da horta comunitaria urbana. Este papel require que teña tanto habilidades técnicas como habilidades sociais que lle permitan conseguir que todas as persoas que traballan na horta estean totalmente integradas no traballo que a comunidade da horta estea a realizar (habilidades de comunicación, mediación, organización e xestión).Tamén é fundamental o seu labor de apoio para unha boa comunicación entre o sector público e a comunidade da horta.
Entre as habilidades técnicas que se adquiriron neste curso destacamos:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible