Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proyecto europeo Urbact III - Ru:rban: Transferencia de Buenas Prácticas sobre EcoHuertos Urbanos

¿Que é o proxecto URBACT III- RU:RBAN?

O proxecto URBACT é un programa de cooperación territorial europea (ETC) que ten como obxectivo fomentar o desenvolvemento urbano sustentable nas cidades de toda Europa.

É un instrumento da política de cohesión, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e polos Estados membros e socios. URBACT non é un programa de investimento se non que financia a creación de redes transnacionales de intercambio e aprendizaxe.

O obxectivo principal deste programa é permitir que as cidades traballen xuntas e desenvolver solucións integradas aos desafíos urbanos comúns a través do traballo en rede, aprendendo das experiencias dos demais e identificando boas prácticas para mellorar as políticas urbanas.

O proxecto RU:RBAN pertence ao grupo de accións URBACT denominadas Redes de Transferencias cuxo obxectivo é mellora as capacidades das cidades para implementar estragias/plans de acción integrados mediante a adaptación, transferencia e reutilización, no ámbito local, das boas prácticas testadas como existosas para o desenvolvemento urbano sustentable integrado.

RU:RBAN está liderado por Roma, cidade que conta cunha amplía experiencia en hortos urbanos, e o obxectivo é transferir as súas boas prácticas neste ámbito. Está previsto que o proxecto finalice o 4 de xuño de 2021, despúes de que se ampliou o prazo como consecuencia da crise xerada polo Covid-19. Así mesmo, A Coruña acollerá a reunión transnacional de finalización do proxecto a principios de 2021.

O proxecto está subvencionado nun 70% pola Comunidade Europea (fondos FEDER).

Participan neste proxecto, ademais de Roma como cidade lider, as seguintes cidades:

A Coruña (España)

Caen (Francia)

Loures (Portugal)

Crakovia (Polonia)

Tesalónica (Grecia)

Vilnius (Lituania)

¿Que áreas trabállanse neste proxecto?

O proxecto estrutúrase en tres elementos que se traballan conxuntamente:

Elemento 1: está enfocado en aumentar o desenvolvemento das capacidades de xestión na organización dos hortos urbanos. Este é o elemento central do proxecto, xa que os socios tratarán de transferir as experiencias e leccións aprendidas do socio líder no modelo de Xestión de Hortos Urbanos en Roma aos seus membros do ULG.

Elemento 2: céntrase na formación profesional de Monitores de Hortos Urbanos (Gardeniser). Esta formación impártese nos encontros internacionais que se van realizando en cada unha das cidades que participan no proxecto. Ten carácter de taller/seminario no que persoas que xa están a cultivar os seus hortos urbanos aprenden capacidades para dinamizar o colectivo de acódelas usuarias das hortas e para relacionar as hortas coas persoas do barrio no que están situadas.

Elemento 3: regulación. Céntrase na adaptación da regulación dos hortos urbanos da cidade de Roma ao contexto local de cada cidade.

Estes tres elementos trabállanse, estudan e desenvolven no Grupo de Traballo Local (ULG) que ten cada cidade, co obxectivo de propoñer ao concello as medidas necesarias para transferir á nosa cidade as boas prácticas de Roma en materia de hortos urbanos.

¿Cal é a metodoloxía de traballo?

O "motor" do traballo na cidade é o Grupo de Traballo Local (ULG). Aquí é onde se debate como queremos que sexan os nosos hortos urbanos, os hortos escolares, a súa relación coa cidadanía, as súas necesidades e como construír unha rede de hortos urbanos na Coruña.

Para que este debate sexa frutífero o ULG incorpora unha gran diversidade de puntos de vista a través dos seus membros.

Os principais axentes locais involucrados no ULG da Coruña son:

Comunidade de usuarios e usuarias dos Hortos Urbanos de Eirís

Comunidade de usuarios e usuarias dos Hortos Urbanos do Agra

Comunidade de usuarios e usuarias dos Hortos Urbanos de Novo Mesoiro

Asociación de Hortas Val de Feáns

Monitores de Ecohuertos Escolares

ONG Ecos do Sur

Comunidade escolar:

• Federación de Ampas

• CEIP Emilia Pardo Bazán

• CEIP Juan Fernández Latorre

• CEIP San Pedro de Visma

• CEIP Wenceslao Fernández Flórez

• CEIP de Prácticas

Resultados do proxecto

Creación dos catros EcoHuertos Urbanos e das súas asociacións respectivas. Avaliación despois do primeiro ano. Consolidación dos procesos de participación cidadá.

Establecemento de, polo menos, 5 hortos escolares.

Formación de, polo menos, 15 monitores de hortos escolares.

Programa de Ecohuertos Urbanos da cidade da Coruña

1 Creación, mediante proceso de participación cidadá, de catro zonas dedicadas a EcoHuertos Urbanos destinados ao autoconsumo, xestionados polos propios usuarios que se organizan nunha asociación en cada un dos EcoHuertos. A súa finalidade é social, educativa, ambiental, participativa e integradora.

2 Creación da Rede de EcoHuertos nos Colexios de Educación Infantil e Primaria (CEIP) e formación de Monitores especializados en ecohuertas escolares.

Estes monitores desenvolverán as seguintes funcións:

  • Deseño e execución de ecohuertas escolares
  • Cultivo e mantemento ao longo do ano da ecohuerta: planificación de cultivos de tempada, cultivo de plantas permanentes e de tempada, mantemento das instalacións.
  • Actividades educativas: xestión, desenvolvemento e avaliación.
  • Dinamización da comunidade escolar para o aproveitamento da ecohuerta

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión