21 de novembro de 2023
Traballadores da especialidade de Dinamización cultural achegáronse á facultade de Dereito da UDC para informar sobre o Patrimonio e a UNESCO
Na mañá do pasado xoves 16 de novembro tivo lugar na facultade de dereito da UDC unha actividade proposta polo Programa de Emprego: "Unha ventá ao porto medieval da Coruña", con motivo da celebración do Día Internacional do Patrimonio Mundial.
Os traballadores da sección de "Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais" encargáronse de levar a cabo unha labor informativa para promocionar e dar visibilidade ao Patrimonio próximo e á función da UNESCO na súa protección.
A actividade, situada no hall da facultade de dereito da UDC, propoñía en primeiro lugar ao alumnado ou profesorado da universidade escribir nun papel un exemplo de calquera ben que considerasen patrimonio, despois dunha breve explicación por parte do equipo sobre os tipos de patrimonio e a lista de patrimonio mundial da UNESCO, convidábaselles a escribir un novo ben patrimonial que non tiveran considerado anteriormente.
A xornada foi considerada un éxito polo programa de emprego xa que a afluencia e participación, por parte da facultade, foi moi superior á esperada. "Sorprendeunos moitísimo a cantidade de xente que se achegaba a participar" dixo Paula López, unha das traballadoras de Xestión Cultural "para ser o primeiro proxecto, saíu xenial." Estímase que ao redor de 150 persoas se achegaron para ser informadas entre as 12 e as 14 do mediodía.
O programa de emprego "Unha ventá ao porto medieval da Coruña" responde á necesidade do Concello de dar visibilidade e por en valor o patrimonio da cidade. Divídese en dúas seccións: Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais e Programación Fotográfica; cada unha con 8 alumnos/traballadores.
Datos de contacto:
Correo: cocumecoruna@gmail.com
Instagram -CO.CU.ME
Facebook -Cocume Coruña
TikTok -CO.CU.ME
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible