Dende o 01/07/2015 ata o 31/07/2015
Xa rematou
Dende o 22/05/2015 ata o 18/06/2015
Polideportivo Multiusos da Cidade Deportiva de Riazor. Rúa Manuel Murguía s/n. 15011 A Coruña
¿Onde e cando?
Inscricións “en liña” en www.coruna.es/deportes, nas instalacións da C.D. de Riazor, C.D. da Torre, ou no Polideportivo Municipal do Barrio das Flores, do 22 de maio ao 18 de xuño, ou ben, e dentro dos seus propios prazos e procedementos, directamente en cada entidade organizadora.
¿Como?
1.Cubrir a solicitude en :.
•Páxina web municipal: www.coruna.es/deportes
•Entidades Deportivas (co seu propio procedemento).
2.Pago da cota.
•As solicitudes presentadas a través da páxina web municipal, recibirán automaticamente un SMS ou un correo electrónico, cunha mensaxe informándolle de onde teñen que facer efectivo devandito pago.
3.Para formalizar a inscrición será necesario presentar o XUSTIFICANTE DE PAGO nun prazo de 72 horas desde o momento que se efectúa a solicitude
•É preciso indicar no xustificante de ingreso, os seguintes conceptos:
oNombre do solicitante e teléfono de contacto
oNombre da entidade organizadora
oConcepto: Actividade deportiva na que solicita a praza
•A copia do xustificante de pago poderase presentar a través de calquera destas vías:
oEnviando unha copia escaneada por correo electrónico a deportes@coruna.es
oO persoalmente entregándoa no Palacio de Deportes de Riazor, de 08:00 a 23:30h.
•A entidade organizadora se reserva a comprobación de pago das actividades.
4.En caso de non presentalo perderá a quenda de inscrición.
5.Confirmación da inscrición:
•Nas actividades con pago de cota: Unha vez entregado o xustificante de pago recibirá un SMS ou un e-mail confirmando a súa inscrición.
•Nas actividades gratuítas: Unha vez enviada/entregada a solicitude recibirá un SMS ou un e-mail confirmando a súa inscrición.
6.Cando o número de prazas solicitadas supere as ofertadas, crearase unha lista de espera segundo orde de data e hora da solicitude. Recibirá aviso de "Lista de Espera".
7.Para os menores de idade, a inscrición orixinal asinada polo titor/para deberá ser entregada o primeiro día da actividade.
8.O Concello non se fará responsable das modificacións ou cancelacións que as entidades organizadoras poidan facer na súa programación. Así mesmo, reservarase o dereito para efectuar cambios por necesidades organizativas, comunicándoo coa maior antelación posible.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible