Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Concello da Coruña organiza o II Encontro de Emprendemento
O obxectivo do evento é poñer en valor o ecosistema emprendedor local.
O próximo 29 de novembro no Mercado de San Agustín, das 10.30 ás 19.00 horas levarase a cabo o II Encontro de Emprendemento, co fin de poñer en valor o ecosistema emprendedor local.
O programa da xornada é o seguinte:
10:30 a 11:00 h - Acceso ao recinto e ás casetas e entrega de acreditacións (entidades e proxectos emprendedores participantes). Benvida informal.
11:00 a 11:30 h - Acto de apertura institucional. Presentación a cargo de Ainhoa Mallo.
11:00 a 19:00 h - Exposición de proxectos "Rúa Emprende" aberta ao público. Contactos coas entidades colaboradoras e cos proxectos emprendedores participantes.
11:30 a 13:00 h - 1.ª sesión "asesoramentos express" sobre financiamento e finanzas éticas a cargo de Helena Sanmamede Maneiro (require inscrición previa).
13:00 a 14:00 h - Charlas inspiradoras "Historias que inspiran". Presentación a cargo de Ainhoa Mallo.
Relatores/as:
María Fernández Castelo (La Agencia del Camino) - "De idea a realidade, o meu camiño emprendedor"
Álvaro Enríquez (DUACODE) - "Como fracasamos e aprendemos"
Raquel Maquieira (91 Grados) - "O que me gustaría saber antes de empezar"
Pablo Rodríguez (Risco Estudio) - "Innovar desde a artesanía"
14:00 a 15:30 h - Xantar-networking. Pausa-xantar para fomentar as relacións entre as persoas que participan no encontro, en representación de entidades e de proxectos emprendedores (no espazo habilitado).
15:30 a 16:30 h - Mesa redonda "Construíndo ecosistema" coa participación das entidades de apoio ao emprendemento.
16:00 a 17:30 h - 2.ª sesión "asesoramentos express" sobre organización e empresa a cargo de Fernando Soto (require inscrición previa).
17:30 a 18:30 h - Actividade de networking "Conecta e emprende". Bingo de habilidades conducido por Aida Cordeiro.
18:30 a 19:00 h - Entrega de premios e cerre do II Encontro de emprendemento
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible