Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de decembro de 2025

O programa Apego resultou galardoado nos Premios da Crítica de Galicia 2025

Apego é un programa colectivo de 32 concellos, entre os que está A Coruña

O programa Apego, no que colaboran 32 concellos galegos, entre eles o da Coruña, resultou gañador da XLVIIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia, na categoría de Iniciativas Culturais e Científicas por unanimidade, na que tamén se encontraban Espazo lectura e Código Cero.

O xurado recalcou que Apego é unha iniciativa que neste momento de emerxencia lingüística potencia a inmersión no idioma propio dos núcleos familiares, e que os dota de ferramentas e recursos para consolidar o proceso de transmisión do galego.

Ramón Varela Rodríguez, representante da presidencia de Alingua (a Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, da que o Concello da Coruña asume neste momento a tesourería) e encargado de recoller o premio no auditorio de Afundación en Vigo, destacou no seu agradecemento que "queremos compartir a esperanza e o orgullo das persoas que traballamos en Apego. Cada día vemos medrar unha rede de familias que deciden criar en galego con convicción e con amor, que buscan apoio, que fan da lingua unha casa e unha ponte cara ao futuro. Familias que din con feitos o que tantas veces queda nas palabras: que o galego ten futuro porque hai quen o pon na vida e no corazón das súas crianzas".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión