Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pequena Max - Area nos petos

Cando o universo dos adultos se fixo incomprensible, un pequeno mundo crece no meu interior. Eu fíxeno real, a miña imaxinación fixo o resto. Ata aquel día en que apareciches ti, especial, único, invisible.

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

24/01/2016

Xa rematou

Horario:

11.00 e 12.30 h.

Duración:

30 min.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

6,00 euros (abono 3 familiar, 15,00 euros) (O abono inclúe como mínimo a un adulto e a un menor).

Os menores de 3 anos que non ocupen asento non pagan entrada.

Capacidade reducida.

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Documentos:

Programa completo Bebescena Primavera 2016. (3 MB)

Pequena Max fálanos da marabillosa capacidade da infancia de crear e recrear mundos inventados e amigos imaxinados, onde todo é posible, sen fronteira entre o real e o imaxinario, e a valentía que supón ser diferente nesta sociedade.

Baixo o apaixonante estudo da figura do amigo imaxinario, o espectáculo ábrenos a porta a un mundo interior. Somos convidados a un ensaio de vida, un refuxio ocupado por dous amigos que se acompañan no descubrimento das súas emocións.

Autor: Jokin Oregi, Elisa Vargas.

Dirección e adaptación: Elisa Vargas.

 

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes Pza. Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.20 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes Ágora: día do espectáculo desde 1 h. antes (só se quedan entradas dispoñibles).

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00; sábados de 14.00 a 22.00; domingos de 16.00 a 21.00 h.)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión