Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de xullo de 2025

Aberto o prazo de solicitude no programa Inicia curso 2025-2026

Os 15 mellores proxectos serán seleccionados para participar na Feira de Ideas, que se realizará entre o 23 e o 26 de febreiro no Fórum Metropolitano.

Os centros de formación profesional que desexen participar no Programa de Difusión da Cultura Emprendedora INICIA que organiza a Concellería de Emprego, Comercio e Mercados, xa poden realizar a súa inscrición.

O Programa Inicia ten como destinatario o alumnado de ciclos formativos e de ensinos especiais da cidade. Os/as participantes realizarán un proxecto empresarial e analizarán a súa viabilidade co apoio de persoal especializado.

A formación do programa desenvolverase durante os meses de setembro a decembro da seguinte forma:

  • Sesión conxunta de MOTIVACIÓN para o alumnado participante, que se realizará nunha sesión dentro da primeira quincena de setembro, no Centro Ágora (r/ Lugar da Gramela, 17).
  • No mes de outubro impartirase o módulo formativo PLAN ECONÓMICO FINANCEIRO na sede de cada centro educativo participante.
  • Durante o mes de decembro impartirase o módulo de PRESENTACIÓN DE PROXECTOS en cada centro educativo participante. Os/as interesados poderán facer prácticas deste módulo no Centro de Empresas ACCEDE PAPAGAIO.

Os 15 mellores proxectos serán seleccionados para participar na Feira de Ideas, que se realizará entre o 23 e o 26 de febreiro no Fórum Metropolitano.

Ademais, o concello entregaralles os Premios "Formación para Emprender" aos 3 mellores proxectos, ao centro máis implicado e ao profesor ou á profesora que titorizou o proxecto gañador.

As inscricións para participar pódense realizar a través do formulario premendo nesta ligazón.

CONTACTO:

Departamento de Promoción Económica

  • Teléfono: 981 189 887
  • Correo electrónico: empresa@coruna.gal

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión