A Consellería de Traballo e Benestar convoca o procedemento para a acreditación das unidades de competencia en determinadas cualificacións profesionais nas familias profesionais de Servizos Socioculturais e á Comunidade; Marítimo-pesqueira; Seguridade e Medio Ambiente e Actividades Físicas e Deportivas.
- 900 prazas nas unidades de competencia das cualificións profesionais de Confección e mantemento de artes e aparellos, Servizos para o control de pragas, Socorrismo en espazos acuáticos naturais, Socorrismo en instalacións acuáticas e Información xuvenil.
- Para as cualificacións profesionais de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio e Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, convócase a todas aquelas persoas que quedaron nas listas de espera na anterior convocatoria; 989 persoas na cualificación profesional de Atención sociosanitaria a persoas en domicilio e 502 persoas na cualificación profesional de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
Prazo de inscrición:
- Para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de confección e mantemento de artes e aparellos e Servizos para o control de pragas, o prazo está aberto ata o 17 de decembro de 2012.
- Para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de Socorrismo en espazos acuáticos naturais, Socorrismo en instalacións acuáticas e de Información xuvenil, o prazo de presentación de solicitudes é dende o 1 ata o 31 marzo do 2013.
Máis información:
A Consellería de Traballo e Benestar garante un servizo aberto e permanente que facilite información e orientación a todas as persoas que o soliciten
- nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia
- nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
- nos centros propios de Formación Profesional ocupacional da Consellería de Traballo e Benestar
- na Fundación Galega da Formación para o Traballo
- no Instituto Galego das Cualificacións.
Departamento Territorial da Consellería de Traballo e Benestar
R/ Salvador de Madariaga, s/n, 1º piso (Mercado de Elviña)
15008 A Coruña
http://traballoebenestar.xunta.es