Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de abril de 2025

O Concello aproba a oferta pública de emprego para este ano, con máis de 120 prazas

Máis dun 30% das prazas previstas, incluíndo as de quenda libre, promoción interna ou mobilidade, están destinadas aos servizos municipais de seguridade e emerxencias

O Concello convocará este ano unha oferta pública de emprego de 125 prazas, unha medida que, tal e como expuxo a alcaldesa, Inés Rey, "servirá para reforzar o cadro do persoal municipal nos diversos servizos existentes". 

A OPE prevista neste 2025 aprobouse está mañá na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, que ratificou a distribución específica das prazas por tipoloxía e escala administrativa. Serán 52 de acceso libre, outras 67 correspondentes á quenda de promoción interna e, ademais, seis postos da categoría de policía local que se cubrirán pola quenda de mobilidade.

Entre os postos de traballo previstos na OPE 2025 inclúense prazas para técnicos/as de Administración xeral, auxiliares administrativos/as e xestión, así como tamén para os Servizos Sociais municipais e as redes dos Museos Científicos e as Bibliotecas. Tamén haberá dúas prazas para cubrir efectivos no corpo municipal de Bombeiros. 

Un dos aspectos destacados da OPE é que máis dun 30% das prazas previstas, incluíndo as de quenda libre, promoción interna ou mobilidade, están destinadas aos servizos municipais de seguridade e emerxencias, aplicando unha taxa de reposición do 125%, a máxima que permite a lei. Haberá, ademais, catro prazas reservadas a persoas con discapacidade, todas elas, de quenda libre.

"Desta forma, seguimos reforzando o noso compromiso coa mellora dos servizos municipais da cidade, así como coa creación de emprego público", subliñou Inés Rey.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión