Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de outubro de 2023

"A CULTURA A TRAVÉS DA IMAXE"

O Programa de Emprego "Unha ventá ao porto medieval da Coruña" comeza as actividades

O Programa de emprego”Unha ventá ao porto medieval da Coruña" é promovido polo Concello de A Coruña e o Concello de Culleredo

Durante a xornada do 6 de novembro o alumnado traballador e o profesorado do programa de emprego do concello da Coruña, "Unha ventá ao porto medieval da Coruña", fará unha reunión de traballo para contextualizar o triángulo cultural da Coruña formado polas salas de exposicións pública e privadas, Kiosco Alfonso, Afundación e Fundación Barrié, grazas ao espazo cedido polo Kiosco Alfonso.

Este programa de emprego estase a realizar baixo un convenio entre o concello da Coruña e o concello de Culleredo cofinanciándolo xunto coa Xunta de Galicia, e nel participan 16 alumnos/as dos dous concellos, en dúas especialidades:

  • Produción fotográfica
  • Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais

O alumnado de cada especialidade obterá un certificado de profesionalidade ao rematar o programa de emprego.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión