Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de xuño de 2012

Programación de actividades lúdicas de dinamización comercial nos mercados municipais

Realizaranse ao longo do mes de xuño.

A área de Emprego e Empresa programa para o mes de xuño actividades lúdicas nos mercados municipais. Están destinadas á infancia que gozará coa visita dos ratos Fuco e Lupiña.

Os ratos van ao mercado, Fuco e Lupiña - David Pernas Lázaro e Maruxa Marsal- queren montar un posto no mercado e dende ese espazo realizarán o proceso de compra e venda que se produce nos mercados municipais. Para iso utilizarán catro contos:

- "El jarrón del fondo del lago"

- "A banda de Vilacendoi"

- "Chivos chivóns"

- "O caracol remoldiño"

Ao finalizar os contos e a representación farase globoflexia, ou maquillaxe alusiva aos personaxes dos contos, a cargo da animadora Coral Villar.

Estas actividades realizaranse cada sábado nun mercado de acordo coas seguintes datas:

  • O 2 de xuño en Conchiñas
  • O 9 de xuño en Elviña
  • O 16 de xuño en Monte Alto
  • O 23 de xuño na Praza de Lugo
  • O 30 de xuño en San Agustín

O horario será de 12.00 a 14.00 horas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión