Concello da Coruña

Concello da Coruña

Devolución de ingresos indebidos

En que consiste?:

Procedemento especial de revisión para o recoñecemento do dereito á devolución das cantidades indebidamente ingresadas na Tesourería Municipal con ocasión do cumprimento das súas obrigas tributarias ou do pago de sancións, cando se produciu algunha das seguintes circunstancias:

  • Cando se produciu unha duplicidade no pago de débedas tributarias ou sancións.

  • Cando a cantidade pagada fose superior ao importe para ingresar resultante dun acto administrativo ou dunha autoliquidación.

  • Cando se ingresasen cantidades correspondentes a débedas ou sancións tributarias despois de ter transcorrido os prazos de prescrición.

  • Cando así o estableza a normativa tributaria.

A quen vai dirixido?:

Están lexitimadas para presentar a solicitude de devolución as personas enumeradas no art. 14 do Real decreto 520/2005.

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Prazo de presentación:

Prazo de presentación: 4 anos, producirase a prescrición unha vez transcorrido o dito prazo.

O prazo máximo en que se debe notificar a resolución será de 6 meses que se contará desde a data en que o documento de solicitude tivese entrada no rexistro xeral do Concello da Coruña (art. 104 da Lei xeral tributaria e art. 67 da Ordenanza xeral de xestión). Cando se produza a paralización do procedemento por causa imputable á persoa interesada, a administración municipal advertiralle que, transcorridos 3 meses, poderá declarar a súa caducidade.

Enderezo:

Rúa Franja 20. 15001 A Coruña

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Impreso de solicitude de devolución de ingresos no que consten os datos bancarios da persoa titular da conta (código IBAN). A persoa titular da conta deberá coincidir co titular do dereito á devolución.

Se o solicitante da devolución é o obrigado tributario:

  • Xustificante orixinal ou copia da carta de pago que poderá substituírse pola mención exacta dos datos identificativos do ingreso realizado, entre eles, a data e o lugar de ingreso e o seu importe, de acordo co disposto no artigo 93.4 da Ordenanza xeral de xestión.

  • Documentación acreditativa das manifestacións formuladas polo solicitante da devolución.

  • Fotocopia do NIF da persoa solicitante.

Se o solicitante é persoa distinta do obrigado tributario, ademais:

  • Cesión ao seu favor, por parte do obrigado tributario que figura no recibo, dos dereitos e facultades que lle poidan corresponder respecto da devolución da débeda ou ben, autorización legal ou outra documentación análoga entre particulares que posibilite o seu cobro.

Se se actúa en calidade de representante, un dos seguintes:

  • Poder notarial.

  • Autorización e copia do NIF do suxeito pasivo.

Nos supostos de falecemento do suxeito pasivo:

  • Escritura de aceptación ou adxudicación de herdanza ou na súa falta testamento ou declaración de herdeiros do causante.

  • Certificado de defunción.

  • Acreditación da representación da comunidade hereditaria por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna en aplicación do establecido no art. 32 da Lei 30/1992.

  • Renuncia, ou cesión de dereitos, se é o caso, dunha ou varias persoas herdeiras a favor doutro/s e copia do NIF.

Importante: na tramitación electrónica teña preparada e dispoñible, tamén en formato electrónico, a documentación que necesite achegar á solicitude.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Enderezos:
  • Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
  • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
  • Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela, 17. C.P. 15010 A Coruña.
  • Rexistro Área Económica. Rúa da Franxa nº 21-22. C.P. 15001 A Coruña.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Internet

Que se necesita?:

Na tramitación telemática debe achegar a seguinte documentación en formato PDF:

  • Documentación acreditativa do código IBAN

Se o solicitante da devolución é o obrigado tributario:

- Xustificante da carta de pago que poderá substituírse pola mención exacta dos datos identificativos do ingreso realizado, entre eles, a data e o lugar de ingreso e o seu importe, de acordo co disposto no artigo 93.4 da Ordenanza xeral de xestión.

- Documentación acreditativa das manifestacións formuladas polo solicitante da devolución.

- Copia do NIF do solicitante.

Se o solicitante é persoa distinta do obrigado tributario, ademais:

- Documento de Cesión ao seu favor, por parte do obrigado tributario que figura no recibo, dos dereitos e facultades que lle poidan corresponder respecto da devolución da débeda ou ben, autorización legal ou outra documentación análoga entre particulares que posibilite o seu cobro.

Se se actúa en calidade de representante, un dos seguintes:

- Poder notarial.

- Autorización e copia do NIF do suxeito pasivo.

Nos supostos de falecemento do suxeito pasivo:

- Escritura de aceptación ou adxudicación de herdanza ou na súa falta testamento ou declaración de herdeiros do causante.

- Certificado de defunción.

- Acreditación da representación da comunidade hereditaria por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna en aplicación do establecido no art. 32 da Lei 30/1992.

- Renuncia, ou cesión de dereitos, se é o caso, dunha ou varias persoas herdeiras a favor doutro/s e copia do NIF.

Como se fai?:

A través do Rexistro Telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de persoas propietarias etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

TRAMITAR

Certificado dixital:

Si

Teléfono

Máis información:

Contra a resolución de concesión/denegación da devolución poderanse interpoñer os seguintes recursos:

Recurso de reposición. Con carácter previo e potestativo o recurso de reposición previsto no art. 14 do RDL 2/2004 ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción da notificación.

Reclamación Económico-Administrativa. Contra a desestimación do recurso de reposición ou ante a ausencia de resolución expresa no prazo dun mes desde a súa interposición, poderá presentar a reclamación económico-administrativa, que terá carácter preceptivo previo ao recurso contencioso administrativo, prevista no art. 137 da Lei 7/85, ante o Tribunal Económico Administrativo Municipal, en idéntico prazo dun mes.

Non se poderán simultanear ambos os recursos, de producirse esta situación tramitarase o presentado en primeiro lugar e declararase inadmisible o segundo (art. 222 da Lei 58/2003).

Documentos relacionados

  • mod 039 Solicitude de devolución de ingresos (395 KB)
  • Modelo de cesión de dereitos en devolucións de ingresos (17 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión