Concello da Coruña

Concello da Coruña

Imposto de Actividades Económicas (IAE)

O Imposto sobre Actividades Económicas é un tributo directo de carácter real, de cobro periódico e obrigatorio para os entes locais.

Feito impoñible:

O feito impoñible está constituído polo simple exercicio, en territorio nacional, de actividades empresariais, profesionais ou artísticas, exérzanse ou non nun local determinado e estean ou non especificadas nas tarifas do imposto.

Obrigado tributario:

As persoas xurídicas, as herdanzas xacentes, as comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptibles de imposición que realicen no territorio nacional actividades económicas, sempre que o importe neto de cifra de negocios superar a cantidade de 1.000.000 €.

Tarifas do imposto:

O importe das tarifas vén determinado polo Ministerio de Facenda. A cota municipal vén determinada pola aplicación do coeficiente de incremento e do índice de situación que establece a Ordenanza fiscal núm. 54-2017 - Reguladora do imposto sobre actividades económicas.

Beneficios fiscais:

Bonificacións

  • Bonificación do 50% por inicio de actividade durante os 5 anos seguintes á conclusión do segundo período impositivo (art. 6.1 OF n.º 54).
  • Bonificación do 50 % por creación de emprego cando se incrementase a media do persoal en máis do 10% (art. 6.2 OF n.º 54).
  • Bonificación do 25 % por creación de emprego cando se incrementase a media do persoal nun 10% ou menos (art. 6.2 OF n.º 54).
  • Bonificación do 5% para obrigados tributarios que establezan un plan de transporte para traballadores que teña por obxecto reducir o consumo de enerxía e as emisións causadas polo desprazamento ao lugar do posto de traballo (art. 6.3 OF nº 54).
  • Bonificación de ata o 45% (máximo de 500 euros / anual) para obrigados que certifiquen o grao de desenvolvemento de plans de transporte para o seu persoal (art. 6.4 OF n.º 54).
  • Bonificación de ata o 50 % (máximo de 500 euros / anual) para obrigados tributarios que incorporen instalacións de autoxeneración de enerxía mediante fontes renovables (art. 6.5 OF n.º 54).
  • Bonificación do 50% (máximo 500 euros/ anual para inicio de actividades empresariais afastadas do centro urbano (art. 6.6 OF n.º 54).

Exencións

Estarán exentos do imposto, entre outros:

  • As persoas físicas.
  • Os suxeitos pasivos do imposto sobre sociedades, as sociedades civís e as entidades do artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que teñan un importe neto da cifra de negocios inferior a 1.000.000 €
  • Os suxeitos pasivos que inicien o exercicio da súa actividade a partir do 1 de xaneiro de 2003, durante os dous primeiros períodos impositivos deste imposto en que se desenvolva aquela.
  • En canto aos contribuíntes polo imposto sobre a renda de non residentes, a exención só alcanzará aos que operen en España mediante establecemento permanente, sempre que teñan un importe neto da cifra de negocios inferior a 1.000.000 €.
  • As asociacións e fundacións de diminuídos físicos, psíquicos e sensoriais, sen ánimo de lucro, polas actividades de carácter pedagóxico, científico, asistencial e de emprego que para o ensino, educación, rehabilitación e tutela de minusválidos realicen, aínda que vendan os produtos dos obradoiros dedicados ao devandito fin, sempre que o importe da devandita venda, sen utilidade para ningún particular ou terceira persoa, sexa destinado exclusivamente á adquisición de materias primas ou ao sostemento do establecemento.
  • Os suxeitos pasivos aos que lles sexa de aplicación a exención en virtude de tratados ou convenios internacionais.

Redución na cota

Por obras na vía pública poderán obter unha redución na cota do imposto quen utilice locais para o exercicio de actividades económicas clasificadas na división 6ª da sección 1º das tarifas do imposto (comercio, reparacións, restaurantes e hospedaxe) que resulten afectados por obras na vía pública de duración superior a tres meses.

Porcentaxes de redución:

Obras de máis de tres meses e ata seis meses 50%

Obras de máis de seis meses 80%

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión