Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Imposto sobre Actividades Económicas (IAE). Solicitude de beneficios fiscais

En que consiste?:

Procedemento de concesión, logo do previo cumprimento dos requisitos esixidos, de beneficios fiscais no Imposto sobre Actividades Económicas. Os beneficios fiscais clasifícanse en exencións (a pesar de que se realiza o feito impoñible a lei exime do cumprimento da obriga tributaria principal) e bonificacións (porcentaxe de desconto para aplicar sobre a cota íntegra).

EXENCIÓNS:

  • Entidades recollidas no art. 7 da Lei 49/2002 de réxime fiscal de entidades sen fins lucrativos e de incentivos fiscais ao mecenado.
  • Os organismos públicos de investigación, os establecementos de ensino en todos os seus graos custeados con fondos do Estado, CC.AA. ou entidades locais, ou por fundacións declaradas benéficas ou de utilidade pública e os establecementos de ensino en réxime de concerto educativo (art. 81.1 e Texto ref. Lei HHLL).
  • Asociacións e fundacións de diminuídos físicos, psíquicos e sensoriais, sen ánimo de lucro (art. 81.1 f Texto ref. Lei HHLL).

BONIFICACIÓNS:

  • Bonificación do 50% por inicio de actividade durante os 5 anos seguintes á conclusión do segundo período impositivo (art. 6.1 OF nº 54).
  • Bonificación do 50% por creación de emprego cando se incrementase a media do persoal en máis do 10% (art. 6.2 OF nº 54).
  • Bonificación do 25% por creación de emprego cando se incrementase a media do persoal nun 10% ou menos (art. 6.2 OF nº 54).
  • Bonificación do 5% para obrigados tributarios que establezan un plan de transporte para traballadores que teña por obxecto reducir o consumo de enerxía e as emisións causadas polo desprazamento ao lugar do posto de traballo (art. 6.3 OF nº 54).
  • Bonificación de ata o 45% (máximo de 500 euros / anual) para obrigados que certifiquen o grao de desenvolvemento de plans de transporte para o seu persoal (art. 6.4 OF nº 54).
  • Bonificación de ata o 50% (máximo de 500 euros / anual) para obrigados tributarios que incorporen instalacións de autoxeración de enerxía mediante fontes renovables (art. 6.5 OF nº 54).
  • Bonificación do 50% (máximo 500 euros/ anual para inicio de actividades empresariais afastadas do centro urbano (art. 6.6 OF nº 54).

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Prazo de presentación:

As solicitudes deberanse realizar no primeiro trimestre do exercicio ao que se vaian aplicar, as presentadas fóra do devandito período producirán efectos para o exercicio seguinte (art. 6 da OF nº 54).

Presencial

Que se necesita?:

Documentación para achegar nas exencións:

  • Entidades recollidas no art. 7 da Lei 49/2002 de réxime fiscal de entidades sen fins lucrativos e de incentivos fiscais ao mecenado:
    • Declaración de alta na matrícula do IAE
    • Estatutos da sociedade adaptados á Lei 49/2002
    • Certificado da Administración do Estado do exercicio do dereito de opción ao réxime fiscal especial
    • Certificación acreditativa da súa inscrición no rexistro correspondente
  • Os organismos públicos de investigación, os establecementos de ensino en todos os seus graos custeados con fondos do Estado, CC.AA. ou entidades locais, ou por fundacións declaradas benéficas ou de utilidade pública e os establecementos de ensino en réxime de concerto educativo (art. 81.1 e Texto Ref. Lei HHLL):
    • Declaración de alta na matrícula do imposto
    • Concerto educativo ou, de non tratarse dun ensino concertado, xustificación de que a actividade está subvencionada
  • Asociacións e fundacións de diminuídos físicos, psíquicos e sensoriais, sen ánimo de lucro (art. 81.1 f Texto Ref. Lei HHLL):
    • Declaración de alta na matrícula
    • Estatutos adaptados á Lei 49/2002
    • Certificación acreditativa da súa inscrición no rexistro de asociacións

Documentación para achegar nas bonificacións:

  • Bonificación do 50% por inicio de actividade durante os 5 anos seguintes á conclusión do segundo período impositivo (art. 6.1 OF nº 54):
    • Declaración de alta na matrícula do imposto.
  • Bonificación do 50 % por creación de emprego cando se incrementou a media do persoal en máis do 10% (art. 6.2 OF nº 54):
    • Escrito, cadro ou relación de traballadores con contrato indefinido no ano anterior ao de aplicación da bonificación.
    • Fotocopia dos contratos que se realizaron no ano anterior ao da aplicación da bonificación, acompañados dos TC2.
    • Relación de traballadores de alta na empresa no último mes dos dous anos anteriores ao da aplicación da bonificación.
  • Bonificación do 25 % por creación de emprego cando se incrementou a media do persoal nun 10% ou menos (art. 6.2 OF nº 54):
    • Escrito, cadro ou relación de traballadores con contrato indefinido no ano anterior ao de aplicación da bonificación.
    • Fotocopia dos contratos que se realizaron no ano anterior ao da aplicación da bonificación, acompañados dos TC2.
    • Relación de traballadores de alta na empresa no último mes dos dous anos anteriores ao da aplicación da bonificación.
  • Bonificación do 5% para obrigados tributarios que establezan un plan de transporte para traballadores que teña por obxecto reducir o consumo de enerxía e as emisións causadas polo desprazamento ao lugar do posto de traballo (art. 6.3 OF nº 54):
    • Documentación acreditativa do cumprimento das condicións establecidas no art. 6.3 da OF nº 54).
  • Bonificación de ata o 45% (máximo de 500 euros / anual) para obrigados que certifiquen o grao de desenvolvemento de plans de transporte para o seu persoal (art. 6.4 OF nº 54).
    • Documentación acreditativa do cumprimento das condicións establecidas no art. 6.4 da OF nº 54).
  • Bonificación de ata o 50 % (máximo de 500 euros / anual) para obrigados tributarios que incorporen instalacións de autoxeración de enerxía mediante fontes renovables (art. 6.5 OF nº 54).
    • Documentación acreditativa do cumprimento das condicións establecidas no art. 6.5 da OF nº 54).
  • Bonificación do 50% (máximo 500 euros/ anual para inicio de actividades empresariais afastadas do centro urbano (art. 6.6 OF nº 54):
    • A administración verificará o cumprimento do requisito único de que a actividade empresarial realízase afastada do centro urbano.

Como se fai?:

  • De forma presencial no rexistro xeral. Enderezos:
    • Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
    • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
    • Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela, 17. C.P. 15010 A Coruña.
    • Rexistro Área Económica. Rúa da Franxa nº 21-22. C.P. 15001 A Coruña.
  • Por correo certificado dirixido ao rexistro xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Internet

Que se necesita?:

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe achegar a documentación que se indica en cada unha das modalidades de beneficio.

Como se fai?:

A través da Sede electrónica municipal

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da sede electrónica:

a) As persoas xurídicas

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de persoas propietarias etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitación telemática

Certificado dixital:

Si

Teléfono

Máis información:

O prazo máximo en que se debe notificar a resolución será de 6 meses que se contarán desde a data en que o documento de solicitude tivese entrada no rexistro xeral do Concello da Coruña (art. 104 da Lei xeral tributaria e art. 67 da Ordenanza xeral de xestión). Cando se produza a paralización do procedemento por causa imputable á persoa interesada, a administración municipal advertiraa de que, transcorridos 3 meses, poderá declarar a súa caducidade.

- Contra a Resolución de concesión/denegación do beneficio fiscal poderanse interpoñer os seguintes recursos:

Recurso de reposición. Con carácter previo e potestativo o recurso de reposición previsto no art. 14 do RDL 2/2004 ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción da notificación.

Reclamación económico-administrativa. Contra a desestimación do recurso de reposición ou ante a ausencia de resolución expresa no prazo dun mes desde a súa interposición, poderá presentar a reclamación económico-administrativa, que terá carácter preceptivo previo ao recurso contencioso administrativo, prevista no art. 137 da Lei 7/85, ante o Tribunal Económico Administrativo Municipal, en idéntico prazo dun mes.

Non se poderán simultanear ambos os recursos, de producirse esta situación tramitarase o presentado en primeiro lugar e declararase inadmisible o segundo (art. 222 da Lei 58/2003).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión