O Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (Plusvalía) é un imposto municipal directo e de carácter potestativo que grava a transmisión de calquera dereito real de gozo limitativo do dominio dun terreo de natureza urbana.
Constitúe o feito impoñible do imposto o incremento de valor que experimenten os terreos de natureza urbana e que se poñan de manifesto como consecuencia da transmisión da súa propiedade por calquera título.
Nas transmisións de terreos a título lucrativo (sucesión mortis causa, doazón, achega), é obrigado tributario o adquirente do terreo. En caso de transmisións a título oneroso (compravenda, permuta), o suxeito pasivo será o que transmita o terreo.
A cota do imposto será a que resulte de aplicar á base impoñible o tipo do 25%.
A base impoñible está constituída polo incremento do valor dos terreos posto de manifesto no momento da devindicación e experimentado ao longo dun período máximo de vinte anos.
Para a determinación da base impoñible terase en conta o valor do terreos na data de devindicación do imposto conforme ao previsto no artigo 107 do RD do 2/04, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais.
EXENCIÓNS
Están exentos deste imposto os incrementos de valor que se manifesten a consecuencia dos seguintes actos:
- A constitución e transmisión de dereitos de servidume.
- As transmisións de bens que se atopen dentro do perímetro delimitado como Conxunto Histórico-Artístico, ou fosen declarados individualmente de interese cultural, segundo o establecido na Lei 16/85, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
Así mesmo están exentos deste imposto, entre outros:
- O Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais ás que pertenza o municipio, así como os organismos autónomos do Estado e as entidades de dereito público de análogo carácter das comunidades autónomas e das devanditas entidades locais.
- O Concello da Coruña e as entidades locais integradas ou nas que se integre, así como as súas respectivas entidades de dereito público de análogo carácter aos organismos autónomos do Estado.
- As institucións que teñan a cualificación de benéficas ou benéfico docentes.
BONIFICACIÓNS
- Entenderase por vivenda habitual aquela unidade urbana de uso residencial na que residise habitualmente o causante na data de falecemento. Presúmese como tal aquela na que figure empadroado.
Para os efectos do gozo da bonificación, equipararase ao cónxuxe a quen convivise co causante con análoga relación de afectividade polo menos durante un ano e que o acredite mediante un certificado de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
Outros trámites
Preguntas frecuentes
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible