Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de junio de 2021

Os grupos avanzan cara ao novo PRESCO e volveranse reunir esta mesma semana

Todas as forzas políticas municipais manterán un encontro este xoves para consensuar o plan de reactivación e a ampliación dos convenios nominativos

A Comisión de Facenda reuniuse esta mañá para seguir avanzando cara a un novo PRESCO co maior consenso posible. O novo plan de rescate avanza no seu deseño e acada un amplo grao de consenso. O documento recolle achegas de todos os grupos, indicou o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas.

A comisión contou coa presenza da portavoz do PP, Rosa Gallego, da Marea Atlántica, María García, do BNG, Francisco Jorquera, e dos non adscritos, Isabel Faraldo.

Todas as partes volverán reunirse o vindeiro xoves para afondar tanto na redacción definitiva do plan de rescate como na proposta de ampliación dos convenios nominativos coas entidades da cidade.

Á espera de que cheguen a un acordo final, o plan de rescate recolle xa axudas directas cunha contía única de 2.000 euros por autónomo e micropeme, axudas que se poderán solicitar só cunha declaración responsable para minorar os tempos de tramitación. Tamén hai consenso para a reedición dos bonos de incentivo ao comercio e á hostalaría.

Lage Tuñas agradeceu as achegas realizadas polas distintas forzas para enriquecer o texto e confía en que tanto o plan como a ampliación dos convenios nominativos poidan aprobarse ao longo deste mes para que entren en vigor no menor prazo posible.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión