Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Recollida de residuos urbanos

Taxa por prestación do servizo de recollida e tratamento de lixo e residuos urbanos.

Feito impoñible:

O obxecto desta taxa é a prestación do servizo de recepción obrigatoria de recollida e tratamento de lixo domiciliario e residuos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas ou de servizos.

Obrigado tributario:

Quen ocupe ou utilice as vivendas e locais situados nos lugares ou vías públicas en que se preste o servizo. Cando se trate de servizos prestados logo da previa solicitude, será suxeito pasivo a persoa solicitante, ou causante da prestación.

En caso de vivendas ou locais nos que a cota se recade a través do recibo da Empresa Municipal de Augas, presumirase que é obrigado tributario a persoa titular do abono do servizo, e no caso de establecementos comerciais, a persoa a cuxo nome se presentase a comunicación previa ou a declaración responsable ou, se é o caso, a cuxo nome figure a licenza de apertura e os restantes tributos municipais que gravan a actividade desenvolvida.

Tarifas do imposto:

Para as vivendas, despachos profesionais e de artistas utilizarase o sistema de cota fixa.

Os establecementos tributarán en función da actividade desenvolvida, da súa superficie e, no caso dos establecementos hostaleiros, do número de habitacións que posúen. As tarifas aparecen desagregadas no artigo 5 da Ordenanza fiscal núm. 06.

Beneficios fiscais:

Regúlase unha exención na taxa para os contribuíntes beneficiarios da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA), así como os acollidos a réximes protectores de carácter público análogos ao mencionado.

Regúlase unha bonificación do 75% da tarifa prevista para as vivendas, naqueles casos nos que o obrigado acredite que os ingresos familiares obtidos por calquera concepto, non pasan do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión