Concello da Coruña

Concello da Coruña

Musicando no Nadal: Lydia Botana

O concerto “De aquí para alá” é unha proposta musical e teatral para público infantil e familiar interpretada por músicos profesionais coordinados por Lydia Botana, autora e directora deste espectáculo do que en novembro do 2015 saíu o libro-disco coas cancións e a historia pola que xira este concerto editado por Edicións do Cumio.

A quen vai dirixido?:

Público familiar

A quen vai dirixido:

Infancia, Para público en xeral

Cando:

02/01/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 26/12/2018 ata o 02/01/2019

Recomendado para maiores de 4 anos

Formulario de inscrición

Horario:

Primeiro pase: 17.00 horas

Segundo pase: 19.00 horas

Enderezo:

Avda. de Arteixo 147, Baixo. 15007 A Coruña

Prezo:

Gratuíta con inscrición previa en ticketea.

Contacto:

Servizo de Normalización Lingüística

Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010

Teléfono: 981 18 42 00 ext. 34311 /  34310

Correo electrónico: lingua@coruna.es

DE AQUÍ PARA ALÁ é un proxecto de música infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ao público que nos acompañe na procura de novos sons!

O formato do concerto consta dunha posta en escena musical formada por unha instrumentación variada: dende o piano, a batería, o acordeón, os bongoes, campás, ... Contamos con instrumentos típicos de cada lugar polo que iremos pasando coma a kalimba, o didgeridoo, as cunchas... xunto cun variado set de pequena percusión que abrangue dende pandeiretas, pao de choiva... e unha morea de cacharradas que espertarán a curiosidade das nenas e nenos asistentes a este concerto.

Existe o formato completo de concerto didáctico e tamén o formato máis reducido en versión "Canta-contos" sobre este proxecto para bibliotecas, escolas ou espazos reducidos.

A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais. Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos, Galicia e lugares máxicos por descubrir.

Cantaremos co público o retrouso que nos levará ao seguinte lugar transportando unha mesma melodía por xéneros musicais coma a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska...

Unha divertida aventura na que descubriremos paisaxes sonoras distintas desfrutando e aprendendo ao mesmo tempo.

Haberá dous pases, un ás 17 e outro ás 19.00 horas.

Para asisitir ao evento, é necesario que todas as persoas se inscriban, tanto as crianzas como as persoas que as acompañen.

As entradas estarán dispoñíbeis a partir das 10.00 horas do mércores 26 de decembro.

Como inscribirse

Algunhas actividades precisan inscrición a través dunha ferramenta web.

Se non sabes como inscribirte, o CMIX explícacho nesta páxina.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión