25 de xuño de 2026
Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza actividades para todos os públicos
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organizou na primeira metade do ano unha boa chea de actividades para todos os públicos.
1. Programa de Fomento da lingua galega nas EIM da cidade
Programa de Fomento da lingua galega nas EIM da cidade Co fin de contribuír á galeguización de todos os niveis do sistema educativo e á dotación de materiais e recursos ás escolas infantís municipais levamos a cabo a actividade "O son que me arrola", da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, con 11 actuacións. Unha proposta musical que ofreceu a posibilidade de lles achegar aos/ás máis cativos/as, e ao seu profesorado, a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce e da instrumentación. Un espazo lúdico onde o alumnado puido experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión: pandeiros, pandeiretas, bombos, tarrañolas... e outros construídos a partir de materiais de refugallo. A actividade constou de dúas partes: a primeira dedicada á escoita, que durou 20 minutos; a segunda parte dedicada á exploración e manipulación dos instrumentos.
2. Programa Apego
https://www.coruna.gal/lingua/gl/dinamizacion/apego
Apego é un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. Diríxese ao contexto familiar e social dos nenos e nenas nos seus primeiros anos de vida (0 a 6) para achegarlles argumentos e facilitarlles ferramentas e redes que sosteñan e arroupen a crianza en galego. Queremos axudar á socialización en galego e propoñer o uso da lingua galega para crear vínculos coa familia, para asentar o arraigo a esta terra, porque a lingua que mamamos, na que aprendemos a falar, vai ser a base da identidade futura do voso fillo ou da vosa filla. A lingua de cada pobo é un tesouro irrepetible e tamén é a cerna que lle permite existir e descubrir o mundo.
Normalización Lingüística do Concello da Coruña organizou, de marzo a xuño, as seguintes actividades para familias con crianzas de 0 a 6 anos no Centro Ágora:
3. Programa Falamos
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa o Falamos primaria. Este programa pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego, darlle ao alumnado unha visión útil e moderna da lingua galega e eliminar os prexuízos lingüísticos existentes na infancia sobre o galego.
Con estes obxectivos, desenvolvemos no auditorio do Centro Ágora 2 sesións do espectáculo musical e teatral "A feira das linguas", de Lydia Botana, dirixidas ao alumnado de primaria (4.º, 5º ou 6.º curso) dos CEIP da cidade, o mércores 8 de abril, unha ás 10.00 h e outra ás 12.00 h. Esta actividade é un percorrido pola historia da lingua galega, a través da música e en clave de humor, xunto a diversas reivindicacións, moitas risas e emocións.
4. A Coruña das Letras
5. AgoraSón
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible