16 de marzo de 2026
Actividade dirixida aos centros de ensino primario da cidade
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa o Falamos primaria. Este programa pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.
Con este fin, imos desenvolver a seguinte actividade no auditorio do Centro Ágora:
Cada centro só poderá asistir a unha función (que terá unha duración aproximada de 50 minutos).
As solicitudes de inscricións realizaranas os centros públicos interesados, dende o 17 ao 27 de marzo a través da web de Educación en https://edu.coruna.gal/coruna_educa_centros.
Deberannos indicar o número de alumnado e de profesorado acompañante. Confirmaráselles a inscrición aos centros por orde de solicitude, ata que se complete a capacidade do auditorio.
Débese estar no Centro Ágora con 20 minutos de antelación.
A actividade é de balde. O transporte (de precisalo) correrá por conta do centro.
Lydia Botana é unha música multiinstrumentista e educadora musical con ampla experiencia docente e creadora de múltiples proxectos artísticos. Esta actividade é un percorrido pola historia da lingua galega, a través da música e en clave de humor, xunto a diversas reivindicacións, moitas risas e emocións. https://lydiabotana.com/espectaculo/a-feira-das-linguas/
Obxectivos do programa Falamos primaria:
Máis información a través de inscricionslingua@coruna.gal
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades
17/03/2026
17.00 horas
Dende o 13/03/2026 ata o 17/03/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
17/03/2026
18.30 horas

24/03/2026
17.00 horas
Dende o 20/03/2026 ata o 24/03/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible