Unha obra de Eurípides. Adaptación de J. R. Martín.
Para público en xeral
07/03/2018
Xa rematou
20:30 h
Pídese puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Libre ata completar a capacidade
Andrómaca, quizais a única muller á que Homero, na Ilíada, eleva á categoría de "heroína", gozou sempre de respecto dos dramaturgos. Eurípides dedícalle un extraordinario "treno" por Astianacte nas Troianas e aquí permítelle protagonizar unha das súas traxedias.
Andrómaca, con todo, mantén as mesmas pautas que na Ilíada e nas Troianas: a muller forte e valente que afronta a adversidade cunha serenidade digna dos estoicos. Capaz de enfrontarse ela soa, tanto á raíña Hermíone como a Melenao, "rei de Esparta", para defender a súa honra e o seu novo fillo, Moloso, un segundo Astianacte, unha segunda esperanza de manter vivo o facho da lendaria e derrotada Troia...
Dirección: Ricardo Martín
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible