30 de outubro de 2017
Queres practicar galego en grupos de conversa dinamizados?
As Bibliotecas Municipais da Coruña lanzan uns encontros que che permitirán mellorar as túas competencias lingüísticas e desenvolver todas as túas capacidades en lingua galega.
Os grupos son coordinados e dinamizados e permitiranche practicar o idioma dunha forma amena. O grupo reunirase os xoves de 18.30 a 20 horas, de outubro a decembro na Biblioteca Municipal do Ágora
Podes inscribirte e obter máis información nesta ligazón.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible