Cursos e formación
Persoas adultas
09/11/2017
Xa rematou
Dende o 16/10/2017 ata o 09/11/2017
De 18.30 a 20 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
981189886
Queres practicar galego en grupos de conversa dinamizados?
Estes encontros permitiranche mellorar as túas competencias lingüísticas e desenvolver todas as túas capacidades en lingua galega.
Os grupos son coordinados e dinamizados e permitiranche practicar o idioma dunha forma amena.
Reunirémonos os xoves de 18.30 a 20 horas, de outubro a decembro.
Queres saber ...
En que consiste Coa lingua de fóra?
Se queres practicar algún idioma en grupos de conversa dinamizados por persoas nativas esta é a túa actividade. Os grupos son coordinados por persoas voluntarias e nativas, que che permitirán practicar o idioma que elixas dunha forma amena.
Nestes momentos está a funcionar o grupo de francés.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible