4 de maio de 2021
Actividade dirixida ás Escolas Infantís Municipais
Actividades nas EIM:
Os espectáculos realizaranse nas propias EIM, entre maio e novembro de 2021. De cada actividade desenvolverase un pase por escola e naquelas tres EIM que contan cun maior número de alumnado (Arela, Os Rosales e Carricanta) levaranse a cabo dous pases do espectáculo en vez de un.
Programa de Fomento da lingua galega nas Escolas Infantís Municipais
Os obxectivos do programa de fomento e dinamización do galego nas escolas infantís do Concello da Coruña, baseados no Plan xeral de normalización da lingua galega, son:
1 Contribuír na galeguización de todos os niveis do sistema educativo e na dotación de materiais e recursos ás escolas infantís municipais, principalmente lúdicos, que poidan axudar na consecución desta galeguización.
2 Axudar a que as familias que teñen o galego como lingua habitual e desexan que as súas fillas e fillos non o perdan ao socializaren, sobre todo coa entrada na escola, poidan lograr o seu obxectivo.
3 Contribuír a que o sistema educativo dispoña dunha planificación orientada a garantir unha competencia semellante nas dúas linguas oficiais, sobre todo nun contexto tan castelanizado como A Coruña.
4 Ofrecerlles ás EIM máis recursos e materiais para o desenvolvemento das aulas en galego na etapa educativa 0-3 anos, principalmente lúdicos e didácticos e que fomenten unha imaxe positiva do galego nas crianzas.
Co fin de conseguirmos estes fins propoñemos realizar:
"Fíos do querer" é un espectáculo de Cê Orquestra Pantasma (o vigués César Freiría) no que as crianzas, acompañadas do seu profesorado, poderán experimentar na música específica para as primeiras idades cunhas sesións onde a compoñente didáctica e a transmisión de letras sinxelas e moi repetitivas son o fío condutor.
As crianzas poden coñecer os orixinais instrumentos que o artista incorpora nas súas pezas e o profesorado será informado da existencia do libro-cd, con 24 cancións, que pode servir de material didáctico para as escolas infantís e para reforzar a transmisión, a través da música, das primeiras letras en galego para as crianzas.
A narradora e o músico organizan unha sesión de contos con música en directo partindo da alimentación, dos recitados e dos xogos de man. As cativas e os cativos iniciaranse nas letras, melodías e ritmos da nosa tradición oral en lingua galega, e xunto co profesorado das escolas traballarase ademais a psicomotricidade e o sentido do ritmo. Búscase dispor de máis recursos para poder traballar na nosa lingua co dito alumnado das EIM.
Baobab Teatro cre na palabra, na música e nas cantigas como medio de comunicación dende que nacemos, no colo, no berce, acotío e por iso nace este espectáculo co que descubrir un mundo de sensacións. Unha travesía entre temas de propia autoría mesturados con temas de tradición oral e popular, todos eles, creados para deleite dos/as máis pequenos/as da casa.
Inscricións en https://www.coruna.gal/educacion/gl/programas/detalle-programa/falamos-primavera-2021/contenido/1453760623668
Máis información a través de inscricionslingua@coruna.es
A Coruña
Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades
21/05/2024
18.00 horas
Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
28/05/2024
17.00 horas
Dende o 24/05/2024 ata o 28/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
28/05/2024
18.30 horas
Dende o 24/05/2024 ata o 28/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible