Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de marzo de 2026

Programa Falamos primaria 2026

Actividade dirixida aos centros de ensino primario da cidade

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa o Falamos primaria. Este programa pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.

Con este fin, imos desenvolver a seguinte actividade no auditorio do Centro Ágora:

  • 2 sesións do espectáculo musical e teatral "A feira das linguas", de Lydia Botana, dirixidas ao alumnado de primaria (4.º, 5º ou 6.º curso) dos CEIP da cidade, o mércores 8 de abril, unha ás 10.00 h e outra ás 12.00 h

Cada centro só poderá asistir a unha función (que terá unha duración aproximada de 50 minutos).

As solicitudes de inscricións realizaranas os centros públicos interesados, dende o 17 ao 27 de marzo a través da web de Educación en https://www.coruna.gal/lingua/gl/detalle/programa-falamos-primaria-2026/suceso/1453914244396

Deberannos indicar o número de alumnado e de profesorado acompañante. Confirmaráselles a inscrición aos centros por orde de solicitude, ata que se complete a capacidade do auditorio. 

Débese estar no Centro Ágora con 20 minutos de antelación.

A actividade é de balde. O transporte (de precisalo) correrá por conta do centro.

Lydia Botana é unha música multiinstrumentista e educadora musical con ampla experiencia docente e creadora de múltiples proxectos artísticos. Esta actividade é un percorrido pola historia da lingua galega, a través da música e en clave de humor, xunto a diversas reivindicacións, moitas risas e emocións. https://lydiabotana.com/espectaculo/a-feira-das-linguas/ 

Obxectivos do programa Falamos primaria:

  • Promover a utilización da lingua galega nos centros de educación primaria da Coruña.
  • Asegurar a galeguización de todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente coma no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa.
  • Garantir que os produtos de máxima difusión e demanda poidan chegar en galego á sociedade galega.
  • Darlle ao alumnado unha visión útil e moderna da lingua galega.
  • Eliminar os prexuízos lingüísticos existentes na infancia sobre o galego.

Máis información a través de inscricionslingua@coruna.gal 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión