Concello da Coruña

Concello da Coruña

XXV Rebumbio matemático: Fase de zona (A Coruña)

A fase de zona da Coruña terá lugar o venres 24 de abril de 2026, ás 10:30 horas, no Fórum Metropolitano.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 6º de Educación Primaria

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/04/2026

Horario:

A partir das 10:30 horas.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), organiza unha nova edición do Rebumbio Matemático, un concurso, dirixido ao alumnado de 6º de primaria, que busca fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo a través das matemáticas.

Unha vez concluída a fase de centro, que se celebrará de forma interna, en cada un dos centros participantes, do 1 ao 30 de marzo, celebraranse as fases de zona na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo. A fase da zona da Coruña celebrarase o venres 24 de abril, a partir das 10:30 horas, no Fórum Metropolitano.

A proba, que será a mesma e simultánea para todas as zonas, consistirá na resolución de CINCO problemas por parte dos tres membros de cada equipo traballando conxuntamente, de maneira cooperativa. Non se trata de repartir os problemas entre os tres participantes, senón de traballar entre os tres cada un dos problemas. Na valoración das respostas primará o método de resolución empregado, a súa orixinalidade, as estratexias utilizadas, os procedementos de representación, a expresión escrita do proceso seguido, o emprego correcto de unidades, etc., por encima da mera solución.

Máis información na web de AGAPEMA (https://agapema.org/actividades/rebumbio-matematico/) e na páxina do programa ( Rebumbio matemático 2025-26 ).

Documentos relacionados

  • XXV Rebumbio Matemático - convocatoria (218 KB)

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión