Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rebumbio matemático 2025-26

Actividade para fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo a través das matemáticas.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 6º curso de EP de centros educativos de Galicia.

Os centros, a través de equipos formados por tres alumnas/vos, traballan na resolución de problemas matemáticos de maneira cooperativa.

O programa ten as seguintes fases:

  • Fase de centro, que se realiza durante o mes de marzo no propio colexio. Poderanse realizar as inscricións nesta fase ata o día 1 de marzo, a través do formulario de inscrición de centros. Unha vez terminada esta fase, cada centro comunicará os nomes dos participantes que forman cada equipo (antes do 1 de abril de 2026), cubrindo a ficha do formulario de inscrición de equipos.
  • Fases de zona na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo. A fase da zona da Coruña realizarase no Fórum Metropolitano, o venres 24 de abril a partir das 10:30 horas.
  • Final galega, o venres 22 de maio, ás 10:30h., na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

Nas Fases de zona e na Final galega, o alumnado deberá levar o material que consideren necesario para a resolución das probas (bolígrafo, lapis, regra, calculadora, etc.). Facilitaráselles papel DIN A4.

Tamén será imprescindible que en ambas as fases cada alumno/a identifíquese co seu DNI ou, na súa falta, co certificado acreditativo correspondente do Centro Educativo.

Os centros que desexen participar na fase de centro, deberán inscribirse, a través do formulario de inscrición de centros, antes do 1 de marzo de 2026. Seguidamente, para participar na fase de zona, os centros deberán formalizar, antes do 1 de abril de 2026, a súa inscrición en liña, indicando o número de equipos (un por clase, e cada un formado por 3 alumnos/as) que van intervir, así como o profesorado responsable, no formulario de inscrición de equipos.

A comunicación cos participantes realizarase a través das direccións electrónicas que faciliten. É importante que proporcionen dúas direccións diferentes (a do profesor e a do centro) por se houbese algún erro nalgunha delas.

Para calquera comunicación coa organización débese utilizar o correo electrónico rebumbio@agapema.org

Cando:

Fase de centro: realizarase durante o mes de marzo no propio colexio.

Fase de zona: a fase da zona da Coruña realizarase no Fórum Metropolitano, o venres 24 de abril a partir das 10:30 horas.

Final galega: terá lugar o venres 22 de maio, ás 10:30h., na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

Inscricións:

Dende o 01/12/2025 ata o 01/04/2026

Formulario de inscrición de centros (a cubrir polo centro, antes do 1 de marzo de 2026), para a inscrición do centro na fase de centro do XXV Rebumbio Matemático.

Formulario de inscrición de equipos (a cubrir polo centro, antes do 1 de abril de 2026) para inscribir aos equipos que van participar na "fase de zona", e tras realizar a "fase de centro".

Contacto:

Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

info@agapemacoruna.com

www.agapema.org

Máis información:

Servizo municipal de Educación

Tel.: 981 184 200 ext. 10911

educacion@coruna.gal

Documentos relacionados

  • XXV Rebumbio Matemático - convocatoria (218 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión