6 de maio de 2025
A alcaldesa presidiu a XXV edición desta iniciativa que busca que a mocidade se comprometa co uso da lingua galega
A alcaldesa, Inés Rey, participou esta mañá na edición número XXV do Correlingua, que se celebrou na Coruña coa participación de 2.200 alumnos e alumnas de diferentes centros educativos da cidade e da súa contorna. As persoas participantes realizaron un percorrido a pé dende o Palacio dos Deportes de Riazor ata a Torre de Hércules con pancartas e proclamas a prol do uso da lingua galega.
"Ver os centros de toda a contorna aquí reunidos: A Coruña, Oleiros, Arteixo, Cambre, Pontedeume... é unha proba clara de que hai unha xeración que non lle dá as costas ao galego. Ao contrario: facedes moitísimas iniciativas ao longo do ano para que o galego sexa parte activa da vosa vida", sinalou a alcaldesa, que reivindicou a necesidade de que o galego "se expanda máis alá das aulas". O acto estivo presentado pola actriz Isabel Risco e contou coa actuación musical de Pauliña. O alumnado do IES Breamo de Pontedeume, gañadores/as do concurso de lemas deste ano, foi o encargado de ler o manifesto.
A alcaldesa entregoulles os premios ao CEIP Juana de Vega de Oleiros por ser o centro máis animado e ao IES Agra do Orzán pola mellor pancarta. Consistiu nun lote de libros para cada centro, doados polas Bibliotecas Municipais da Coruña.
Este ano o Correlingua celebrou a súa edición número 25 baixo o lema 'A mocidade activa por unha lingua viva'. Esta iniciativa educativa conta co apoio do Concello da Coruña e durante todo o ano realiza diferentes actividades co obxectivo de que a mocidade galega empregue a lingua.
Centros participantes:
Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades
26/05/2026
17.00 h
Dende o 22/05/2026 ata o 26/05/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
26/05/2026
18.30 horas

09/06/2026
17.00 horas
Dende o 05/06/2026 ata o 09/06/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible