Obradoiro para familias con bebés que aínda non se despracen
Familias, Infancia
07/10/2025
Ya ha finalizado
Desde el 03/10/2025 hasta el 07/10/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 2 meses ata 1 ano, ou que aínda non se despracen, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
50 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
15 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Obradoiro para as familias con bebés no que exploraremos, con moita liberdade de acción, a importancia da lingua, da música e de captar estímulos. Autoexploración e aprendizaxe de masaxes, cancións, xogos e arrolos tradicionais cos que establecermos vínculos.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Actividades relacionadas
Noticias relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible