19 de agosto de 2025
Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza, para os meses de setembro, outubro e novembro, actividades para familias con crianzas de 0 a 6 anos dentro do Programa Apego.
Na Coruña témoslle Apego á lingua!!
Seguimos coas nosas actividades presenciais no Centro Ágora para familias con nenas e nenos!
Velaquí a programación para os meses de setembro, outubro e novembro de 2025:
Martes 30 de setembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (30 min)
Inscrición: a partir do venres 26 de setembro, ás 10.00 h
Espectáculo creado a partir do mundo da cociña, para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia.
Martes 7 de outubro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)
Inscrición: a partir do venres 3 de outubro, ás 10.00 h
Obradoiro para as familias con bebés no que exploraremos, con moita liberdade de acción, a importancia da lingua, da música e de captar estímulos.
Martes 14 de outubro, tres pases: 17.00, 17.40 e 18.20 h (30 min)
Inscrición: a partir do venres 10 de outubro, ás 10.00 h
Obradoiro participativo no que as crianzas poderán realizar (e levar) algunhas impresións e coñecer de preto o traballo dos antigos impresores e editores.
Martes 21 de outubro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)
Inscrición: a partir do venres 17 de outubro, ás 10.00 h
Con este libro-disco, cantaremos e bailaremos, ao tempo que aprendemos hábitos saudables para acadar unha boa saúde bucodental. Tamén nos axudará a superar o medo a ir ao/á dentista e a conseguir un sorriso san e brillante.
Martes 28 de outubro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)
Inscrición: a partir do venres 21 de outubro, ás 10.00 h
Xan, dono dunha granxa, terá un problema co seu galo que pode condicionar toda a vida cotiá da granxa. A través de pequenas historias, cancións e contos, Xan intentará arranxar o funcionamento da súa granxa.
Martes 28 de outubro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)
Inscrición: a partir do venres 24 de outubro, ás 10.00 h
A Hugo gústanlle moito os avións e toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A ela gústalle falar e gústanlle as plantas. Peza sobre o trastorno de espectro autista.
Martes 4 de novembro CAMBIO DE DATA!!!
Martes 2 de decembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (30 min)
Inscrición: a partir do venres 28 de novembro, ás 10.00 h
Espectáculo de narración oral e música en directo. Xogar, contar e cantar con Xan, con Pedro, co can, co gato e co rato ata caer de cu polo burato!
Martes 11 de novembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)
Inscrición: a partir do venres 7 de novembro, ás 10.00 h
Escolla de feitizos para amosar que, da bravura do noso mar e da capacidade produtiva desta terra, agroma unha fala para namorar a sociedade.
Martes 18 de novembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)
Inscrición: a partir do venres 14 de novembro, ás 10.00 h
Monicreques e cancións. Os tres osos vivían no bosque e todos os días facían o mesmo, pero aquela mañá as papas estaban moi quentes e decidiron pasear primeiro e almorzar despois.
Martes 18 de novembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)
Inscrición: a partir do venres 14 de novembro, ás 10.00 h
Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consegue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea, descubrirá o significado da liberdade, e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.
Martes 25 de novembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)
Inscrición: a partir do venres 21 de novembro, ás 10.00 h
As familias poderán aproveitar o poder emocional das nanas e cantos de berce de tradición oral do disco do mesmo nome, de Xabier Díaz e Guillerme Fernández. Melodías moi coñecidas, na guitarra de Guillerme e na voz de Inés Salvado.
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible