Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de maio de 2021

Programa de Fomento da lingua galega nas EIM da cidade

Actividade dirixida ás Escolas Infantís Municipais

Actividades nas EIM:

  • 12 pases escolares do espectáculo "Fíos do querer", de Cê Orquestra Pantasma, dirixidos ao alumnado de 1 a 3 anos das Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña
  • 12 pases de "Comerá o bebé", de Cris de Caldas e Francisco Javier Paz Vidal (Xabi do Camiño), dirixidos ao alumnado de 1 a 3 anos das Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña
  • 12 pases escolares do espectáculo "Puño, puñete", de Baobab Teatro, dirixidos ao alumnado de 1 a 3 anos das Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña

Os espectáculos realizaranse nas propias EIM, entre maio e novembro de 2021. De cada actividade desenvolverase un pase por escola e naquelas tres EIM que contan cun maior número de alumnado (Arela, Os Rosales e Carricanta) levaranse a cabo dous pases do espectáculo en vez de un.

Programa de Fomento da lingua galega nas Escolas Infantís Municipais

Os obxectivos do programa de fomento e dinamización do galego nas escolas infantís do Concello da Coruña, baseados no Plan xeral de normalización da lingua galega, son:

1 Contribuír na galeguización de todos os niveis do sistema educativo e na dotación de materiais e recursos ás escolas infantís municipais, principalmente lúdicos, que poidan axudar na consecución desta galeguización.

2 Axudar a que as familias que teñen o galego como lingua habitual e desexan que as súas fillas e fillos non o perdan ao socializaren, sobre todo coa entrada na escola, poidan lograr o seu obxectivo.

3 Contribuír a que o sistema educativo dispoña dunha planificación orientada a garantir unha competencia semellante nas dúas linguas oficiais, sobre todo nun contexto tan castelanizado como A Coruña.

4 Ofrecerlles ás EIM máis recursos e materiais para o desenvolvemento das aulas en galego na etapa educativa 0-3 anos, principalmente lúdicos e didácticos e que fomenten unha imaxe positiva do galego nas crianzas.

Co fin de conseguirmos estes fins propoñemos realizar:

  1. 12 pases escolares do espectáculo "Fíos do querer", de Cê Orquestra Pantasma, nas Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña, dentro do Programa de Fomento da lingua galega nas EIM, de Normalización Lingüística.

"Fíos do querer" é un espectáculo de Cê Orquestra Pantasma (o vigués César Freiría) no que as crianzas, acompañadas do seu profesorado, poderán experimentar na música específica para as primeiras idades cunhas sesións onde a compoñente didáctica e a transmisión de letras sinxelas e moi repetitivas son o fío condutor.

As crianzas poden coñecer os orixinais instrumentos que o artista incorpora nas súas pezas e o profesorado será informado da existencia do libro-cd, con 24 cancións, que pode servir de material didáctico para as escolas infantís e para reforzar a transmisión, a través da música, das primeiras letras en galego para as crianzas.

  1. 12 pases de "Comerá o bebé", de Cris de Caldas e Francisco Javier Paz Vidal (Xabi do Camiño)

A narradora e o músico organizan unha sesión de contos con música en directo partindo da alimentación, dos recitados e dos xogos de man. As cativas e os cativos iniciaranse nas letras, melodías e ritmos da nosa tradición oral en lingua galega, e xunto co profesorado das escolas traballarase ademais a psicomotricidade e o sentido do ritmo. Búscase dispor de máis recursos para poder traballar na nosa lingua co dito alumnado das EIM.

  1. 12 pases escolares do espectáculo "Puño, puñete", de Baobab Teatro

Baobab Teatro cre na palabra, na música e nas cantigas como medio de comunicación dende que nacemos, no colo, no berce, acotío e por iso nace este espectáculo co que descubrir un mundo de sensacións. Unha travesía entre temas de propia autoría mesturados con temas de tradición oral e popular, todos eles, creados para deleite dos/as máis pequenos/as da casa.

Inscricións en https://www.coruna.gal/educacion/gl/programas/detalle-programa/falamos-primavera-2021/contenido/1453760623668

Máis información a través de inscricionslingua@coruna.es 

Enderezo:

A Coruña

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 18.30 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil, ás 17.00 h

    Cando:

    14/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión