Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de xullo de 2025

Programa Falamos primaria 2025

Actividade dirixida aos centros de ensino primario da cidade

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa o Falamos primaria. Este programa pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.

Con este fin, imos desenvolver as seguintes actividades no auditorio do Centro Ágora:

  • 2 pases escolares (10.00 e 12.00 h), o martes 21 de outubro de 2025, da actuación musical do grupo A Gramola Gominoladirixidos ao alumnado de 5.º curso de primaria dos colexios da cidade. PRAZAS ESGOTADAS
  • 2 pases escolares (10.00 e 12.00 h), o mércores 5 de novembro de 2025, da actuación musical do grupo A Banda do Verándirixidos ao alumnado de 6.º curso de primaria dos colexios da cidade. PRAZAS ESGOTADAS

Cada centro só poderá asistir a unha función (que terá unha duración aproximada de 50 minutos).

As solicitudes de inscricións realizaranas os centros interesados, dende o 29 de setembro ata o 3 de outubro, para os centros públicos. Se quedan prazas libres, abrirase un segundo prazo, para os centros concertados e privados, dende o 6 ata o 10 de outubro.

Será a través da web de Educación en https://edu.coruna.gal/coruna_educa_centros

Deberannos indicar o número de alumnado e de profesorado acompañante. Confirmaráselles a inscrición aos centros por orde de solicitude, ata que se complete a capacidade do auditorio. Débese estar no Centro Ágora con 20 minutos de antelación.

A actividade é de balde. O transporte (de precisalo) correrá por conta do centro.

A Gramola Gominola é unha banda de auténtico rock en galego para público cativo. Eles son Paco Cerdeira (Pakolas, Zënzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di Elas, Lacón con Grelos). O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo o público en pé cos cornos na man! Recolleron o Premio Martín Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. Teñen tres libros-CD no mercado publicados pola Editorial Galaxia.

A Banda do Verán é unha banda de música para público infantil composta por Xoán Curiel, Jara Ortiz, Sofía Espiñeira, Carlos Freire, Antón Fernández e Álex Salgueiro. A Casa do Terror é un divertido e dinámico espectáculo musical con cancións, danzas, elementos teatrais ou de clown e sobre todo moita participación do público asistente, que recibiu o Premio Martín Códax da Música 2019. O libro-cd do mesmo título está publicado pola Editorial Galaxia.

Obxectivos do programa Falamos primaria:

  • Promover a utilización da lingua galega nos centros de educación primaria da Coruña.
  • Asegurar a galeguización de todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente coma no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa.
  • Garantir que os produtos de máxima difusión e demanda poidan chegar en galego á sociedade galega.
  • Darlle ao alumnado unha visión útil e moderna da lingua galega.
  • Eliminar os prexuízos lingüísticos existentes na infancia sobre o galego.

Máis información a través de inscricionslingua@coruna.gal 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión