Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Así se deben utilizar as máscaras para previr contaxios por coronavirus
Correcto uso das máscaras
É importante manter a distancia social de seguridade ao acceder a espazos concorridos como os mercados
Os Mercados Coruñeses explican como se deben usar correctamente as máscaras para acceder a espazos ou lugares concorridos nos que manter a distancia social de seguridade pode ser máis complicado:
A máscara debe estar colocada correctamente en todo momento. Non se retira nin para falar nin para tusir ou esbirrar.
A máscara debe cubrir o nariz e a boca.
Non se debe tocar a máscara nin introducir os dedos interiormente.
A máscara débese retirar polas gomas e evitar tocar o tecido.
Entre cada uso, debe airearse ou hixienizar.
Sempre se usará polo mesmo lado.
Lémbrase ademais que, para evitar contaxios por coronavirus, débense lavar reiteradamente as mans e manter a distancia social de seguridade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible