Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de decembro de 2020

Os Mercados Coruñeses organizan talleres de cociña infantil por Nadal

Realizaranse desde o o 19 ao 30 de decembro de 11.00 a 13.00 horas

Os talleres de cociña infantil de Nadal están orientados a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos e a súa capacidade está limitada a 15 participantes por taller. Ademais, esta acción contará coa participación de Sara Lúa de Master Chef.

A participación é gratuíta pero require inscrición previa, que se debe realizar entre o 14 e o 17 de decembro nos propios mercados ou a través do Formulario de inscrición en liña .

Este é o calendario de realización dos talleres:

  • 19/12/2020: Mercado Eusebio da Guarda
  • 23/12/2020: Mercado das Conchiñas
  • 24/12/2020: Mercado Ramón Cabanillas
  • 26/12/2020: Mercado de San Agustín
  • 28/12/2020: Mercado de Elviña
  • 29/12/2020: Mercado de Monte Alto
  • 30/12/2020: Galerías de Durmideiras

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión