Concello da Coruña

Concello da Coruña

Curso de Márketing Dixital (2ª edición)

O Servizo de Emprego e Empresa organiza esta acción formativa de "MÁRKETING DIXITAL".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 15/09/2025 ata o 18/09/2025

Xa rematou

Inscricións:

Inscricións no seguinte formulario

Horario:

De 16:00 a 19:00 horas

Duración:

12 horas

Enderezo:

Praza Papagaio s/n, bajo. 15001 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

De carácter totalmente gratuíto, o curso está dirixido a persoas desempregadas e emprendedoras e desenvolveranse no Centro de Empresas Accede Papagaio.

Temario

  1. ¿Que é o márketing dixital e por que é esencial para as Pemes?
  2. Diferenzas entre márketing tradicional e dixital.
  3. O ciclo do consumidor na contorna dixital.
  4. Ferramentas básicas do márketing dixital.
  5. Casos de éxito de Pemes que implementaron estratexias dixitais.
  6. Actividade práctica: Análise da presenza dixital actual dos participantes (redes sociais, web, etc.).

    Localización

    Centro Municipal de Empresas (Accede Papagaio). Plaza Papagaio, s/n, 15002, A Coruña.

    Teléfono: 981 189 887

    Correo electrónico: empresa@coruna.gal

    Preguntas frecuentes

    Que é un espazo de coworking?

    O coworking é unha forma de traballo que permite a profesionais independentes, emprendedores e pemes de diferentes sectores, compartir un mesmo espazo de traballo, tanto físico como virtual, para desenvolver os seus proxectos profesionais de maneira independente, á vez que fomentan proxectos conxuntos.

    Que tipo de empresas poden optar a este espazo?

    • Persoas emprendedoras, aquelas que estean a traballar nunha idea/proxecto e vaian crear unha empresa relacionada, preferentemente, co ámbito da investigación, a tecnoloxía, e/ou a innovación.
    • Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan como máximo dous anos desde a data da súa alta censual e que, comezando a súa actividade empresarial, precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia, priorizando a súa pertenza a sectores relacionados coa tecnoloxía, investigación e innovación.
    • Usuarios puntuais: aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual, soliciten a utilización das instalacións e/ou servizos do centro.

    Que servizos inclúe?

    • Espazos de traballo compostos dunha mesa ampla de traballo, unha caixoneira e un despacho de billetes.
    • Acceso gratuíto a internet.
    • Servizos de apoio ao emprendemento e á empresa, entre os que destaca asesoramento, actividades formativas e de mentorización, organización de actividades e eventos relacionados coa creación de novas empresas, a innovación e as tics.
    • Espazos comúns: salas de reunións, cómodos espazos de descanso, e unha zona versátil onde se pode levar a cabo a presentación dun produto, encontros, reunións ou exposicións ou calquera outra actividade .
    • Servizos comúns tales como conserxería, administración, medios audiovisuais, reprografía e máquinas expendedoras.

     

    Como podo acceder?

    Con certificado dixital:

    Presentar a instancia xeral do Concello xunto coa solicitude de espazos Accede Papagaio e a documentación que corresponda a través da sede electrónica do Concello.

    Sen certificado dixital:

    Presentar a instancia xeral nunha oficina de Rexistro do Concello da Coruña xunto coa solicitude de espazos en Accede Papagaio e a documentación que corresponda.

    • Protocolo de información do ACCEDE Papagaio (1 MB)
    • Protocolo de acollida ao ACCEDE Papagaio (2 MB)
    • Bases polas que se rexe o proceso de admisión ACCEDE Papagaio (110 KB)
    • Solicitude de espazo ACCEDE Papagaio (133 KB)
    • Anexo I, Plan de empresa (273 KB)
    • Ampliación Anexo I, Plan de empresa detallado (584 KB)
    • Anexo II, criterios de valoración (282 KB)
    • Bases ACCEDE-Xa (1 MB)

    Cales son as tarifas?

    Utilización e aproveitamento de 66 postos nos espazos compartidos do centro, polas persoas ou empresas que resulten adxudicatarias conforme ás normas e procedementos establecidos na normativa reguladora do centro. O importe mensual será o seguinte:

    Cadro de tarifas:

    PREINCUBADORA DE PROXECTOS EMPRESARIAIS, o custo/mes:

    Seis primeiros meses

    Gratuíto

    Do sétimo ao duodécimo mes, inclusive, as tarifas serán as que seguen:

    Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

    60,00 €

    Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

    70,00 €

    Localización en 3 módulos de 3 promotores/as dun mesmo proxecto

    80,00 €

    Localización en 4 módulos de 4 promotores/as dun mesmo proxecto

    90,00 €

    Localización en 5 módulos de 5 promotores/as dun mesmo proxecto

    100,00 €

    INCUBADORA DE EMPRESAS, o custo/mes:

    Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

    108,00 €

    Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

    128,00 €

    Localización en 3 módulos de 3 promotores/as para un mesmo proxecto

    138,00 €

    Localización en 4 módulos de 4 promotores/as para un mesmo proxecto

    148.00 €

    Localización en 5 módulos de 5 promotores/as para un mesmo proxecto

    158.00 €

    Para o caso de usos puntuais das salas de reunións, salón de actos (sala conecta), espazos de formación, e postos compartidos por persoa ou entidade distinta ás enumeradas no apartado anterior, as tarifas virán determinadas en función do tempo de utilización da seguinte maneira:

    OCUPACIÓNS PUNTUAIS

    Xornada completa

    Media xornada

    Por horas

    Salas reunión tipo A (grande), custo/día

    60,00 €

    30,00 €

    10,00 €

    Salas reunión tipo B (pequena), custo/ día

    50,00 €

    22,00 €

    8,00 €

    Salón de actos (sala conecta), custo/día

    120,00 €

    60,00 €

    15,00 €

    Espazos de formación (mesa onda e sala de formación), custo/día

    100,00 €

    50,00 €

    12,00 €

    Custo dun módulo mes

    150 €

    -------

    --------

    Custo dun módulo semana

    60 €

    -------

    ------

    Custo dun módulo día

    35 €

    20 €

    ----

    Custo dun módulo hora

    ------

    ------

    10 €

    • Ordenanza fiscal ACCEDE Papagaio (146 KB)

    Cal é o horario?

    O horario de acceso ás persoas usuarias do ACCEDE Papagaio será de 08.00 horas a 20.00 horas ininterrompido de luns a venres, excepto festivos.

    O horario de administración será de 08.00 horas a 15.00 horas.

    O horario de conserxaría será de 08.00 horas a 20.00 horas.

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión